Lingua estranxeira (inglés)

Tarefas 4ºEP: Lingua Inglesa

Tarefas Lingua Inglesa 4º de Primaria

 

Tarefa 1

 

 Lembrade! #Euquedonacasa

 

Tarefas 3ºEP: Lingua Inglesa

Tarefas de Lingua Inglesa para 3º de Primaria.

Tarefa 1

 

Lembrade! #Euquedonacasa

Nova Plataforma Lingua Inglesa 1º e 2º EP (26/03/2020)

Benqueridas familias de 1º e 2º de Primaria:

Para poder usar dun xeito eficiente a nova plataforma Google Classroom que preparou o teacher de Inglés seguiremos estas pautas:

1.- Comprobade en Abalar Móbil unha mensaxe con instrucións detalladas de como ingresar.

Se non vos chegou a mensaxe ou tedes dúbidas, remitídellas ao docente por medio da axenda do alumnado ou por email a OTEACHERPABLO (@) GMAIL.COM.

Grazas e desculpade polos cambios: o covid-19 precisa adaptabilidade por parte de todos.

Lost in space and Summertime

 Ola cativada! Velaquí unhas fotiñas da nosa visita ao teatro en inglés este derradeiro trimestre. O alumnado de Educación Infantil e Primaria viaxou ao 'Space' con Lara e Ben, dous 'aliens' moi especiais.

 A obra de teatro LOST IN SPACE foi representada pola compañía  teatral 'Face to Face'. O certo e que entendéchedes a obra moi ben en 'English'. Noraboa! Qué ben o pasamos! Three, two, one.. BLAST OFF.

  Os nenos de 1° E 2° celebraron o último día de inglés con unha "party" moi "special". A "TEACHER" repartiu "Stickers" ao alumnado por ter traballado tan ben este curso, e xogamos ao xogo das "statues" coa canción "summertime", que tanto lle gusta a todos!

  Aquí vos vai o enlace, por se queredes bailar e cantar na casa. Pasade un bó verán. 

              Unha forte aperta de Teacher Patri. :)

 

 

Happy holidays!

  Os vosos "friends" tamén marchan de "Holidays"!. Esta derradeira semana en infantil, as "puppets" estiveron despedíndose polas aulas. Cookie agasallou aos máis peques cun "stamp" da súa "happy face" na  "hand".

      

   Lulu reparteu o  "book" cos traballos que fixéchedes os maiores. Denzel repasou con vos as cancións e as "stories" do curso. Monkey, Patch e Spot aproveitaron para decirvos: "See you later alligator!", and "Bye, bye birdie!". Que ben o pasamos!.

          

  Foi un verdadeiro pracer ser a vosa "teacher". Deséxovos un "Happy summer" e todo o mellor para o curso que ven!. A pasalo moi ben rapazada!.

      Happy hollidays and a goodbye!.

                 TEACHER PATRI

Christmas Carols polos nenos de infantil de 4 anos

Hello children:
“Christmas is here..."
FANTASTIC!
  A semana foi moi intensa no cole. Fixemos moitas actividades relacionadas co Nadal... e  ademais...
celebramos o festival de Nadal na biblioteca do centro...WHOAA!!


O alumnado de 5º de Infantil participou con tres actuacións moi animadas. Cantaron e bailaron tres "Christmas carols" moi marchosos que aprenderon na clase de inglés coa "teacher". HOOREY!

A profe Rosana axudou ao seu alumnado a practicar "We wish you a Merry Christmas".


  
O profe Ramón tamén botou unha man nos ensaios, e os nenosda súa clase cantaron a famosa panxoliña "Jingle bells".

O grupo da profe Bea animou ao público grazas ao seu divertido baile coa canción "Rocking around the Christmas tree". 

'Thank you very much' a todo o profesorado que axudou na preparación das panxoliñas!   O certo e que o fixéchedes xenia! VERY GOOD!

De feito, ás nosas mascotas de "English" encantoulles o show.  "Cookie, the Cat"e "Lulu, the Kanguroo" deséxanvos unhas felices vacacións de Nadal: MERRY CHRISTMAS!

 Ademais, "Denzel, the duck", "Patch, the dog", "Spot, the puppy" e "Monkey" tamén vos queren dicir algo: HAPPY NEW YEAR!!!

 De seguro, Father Christmas vos agasallará con algún "present", xa que aprendíchedes moitas cousiñas na clase de "English" e vos portáchedes moi ben.  HO, HO, HO!!!!

A Volta das vacacións, xa nos contaredes que había para vos 'under the tree'...

Agora que xa sabedes o que vos trouxo "Santa", teredes que agardar uns días para ver que surprises  vos taren os "Three wise men".

Nada mais polo de agora. A gozar da compaña das nosas "families", ese é o mellor agasallo!... e xantar moito turrón, "of course"!

Happy Christmas everyone!

 

Halloween Word Bank

Hello!
Este ano a rapazada de Infantil, 1º e 2º celebrou o Halloween dun xeito moi...especial.
Convirtíronse por uns días en 'Little wizards' (pequenos magos e magas).

Fixeron unhas fermosas ' Magic wands' (variñas máxicas) e ata estudaron 'magic spells' (feitizos máxicos) en Inglés! Fantastic!!!!

Practicaron moito...ao igual que Harry Potter na 'Howarts school' e polo visto, algúns familiares das crianzas quedaron 'frozen' (conxelados); ou con 'happy' ou 'sad' face (cara leda ou triste)
Amazing!!!

 
Os de 4º fixeron este banco de palabras de Halloween.

  Velaquí os dous 'magic spells' que máis éxito tiveron entre o alumnado...por se queredes practicalos e convertirvos tamén en 'wizards'!

Magic spell 1:

One, two, three
Happy Halloween
For you and me!

One, two, three
Sad  Halloween
For you and me!

Magic spell 2:

Abracadabra,abracadu
Red, pink, yellow
and blue
I touch my head
I touch my nose
One, two, three...
Four, five, six...
FREEZE!!!

* Para desconxelar á persoa, no canto de FREEZE, dicir GO!!!

"Snowball" : Face 2 Face

      

  Os alumnos de 4 e 5 anos asistiron na Casa da Cultura de Bertamiráns á representación de Snowball: unha actividade organizada polo Departamento de Inglés e protagonizada por Rebecca Evans da Compañía de teatro Face 2 Face.  Con cancións, bailes, moita mímica e humor e todo en inglés!. Fantástico!. Saíron encantados e moitos dos nenos decían "entendo todo!" 

  Nesta montaxe tedes fotos da saída e varios videos da actuación. E tamén algúns dos debuxos que fixeron ao volver a clase.
 

Teatro en inglés

 

O vindeiro 11 de abril, o departamento de inglés ten programada unha sesión de teatro en inglés para o alumnado de 5º e 6º de educación infantil.

É unha actividade que implica un custo xa que hai que contratar unha compañía. A compañía contratada para a representación é Face 2 Face. Unha compañía de teatro educativo formada por un equipo de profesionais de teatro e educación. Na última década, este equipo foi unha referencia constante de calidade no panorama do ensino de inglés, obtendo unha excelente reputación cos profesores e os alumnos pola súa profesionalidade, sentido do humor e bo traballo.

A clave do éxito de Face 2 Face é a interacción entre os actores e o público. Desde o primeiro momento, os alumnos son alentados a utilizar o seu coñecemento de inglés para axudar no desenvolvemento dos espectáculos. Os membros do público están invitados no escenario, onde improvisan algúns dos papeis dos actores cos actores. O riso axuda aos estudantes a relaxarse ​​e soltarse, permitindo que se baseen nos recursos lingüísticos que non poderían usar nun ambiente máis formal, como unha aula. As obras interpretaranse completamente en inglés, facendo que os participantes "pensen" nesa lingua e utilicen o coñecemento que posúen. Por outra banda, a linguaxe corporal, o mimismo e os xestos dos actores facilitan a comprensión.

"Jungle Fever" teatro en inglés para infantil

 Os alumnos de 4 e 5 anos (en dúas sesións) asistiron na Aula de Cultura de Bertamiráns a unha obra de taeatro JUNGLE FEVER  da compañía FACE TO FACE. Foi unha actividade organizada polo departamento de inglés do centro na que os nenos disfrutaron e practicaron o idioma nunha obra chea de humor e cancións. Podedes ver máis información sobre esta saída nos blogs de infantil (fotos e videos da obra)

Powered by Drupal - Design by artinet