Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Recomendámosche

Guía de lecturas de Nadal

Guía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polos Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares do Concello de Ames.

 

 

BIBLIOTECA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS

Estimadas nais, pais, familias,

Durante este curso queremos poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques,  aprender, reflexionar  e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentamos seleccionar libros con  unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.

Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h. Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.

O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.

 

 

Día das Letras Galegas: Carlos Casares

Como sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor Carlos Casares e os alumnos do colexio están a facer distintos traballos para achegarse a coñecer tanto ao autor como a súa obra. No blog da Biblioteca creouse unha nova páxina que contén información, biografías, actividades tanto online como para imprimir e na que tamén iremos engadindo traballos feitos polos rapaces do cole...

 

"O nome da rosa" e "Matar un ruiseñor". Umberto Eco e Harper Lee

 O venres faleceron dous escritores fundamentais no século XX: 

Umberto Eco, profesor, escritor e humanista, que nunha ocasión dixo "O que non lee, aos 70 anos terá vivido unha sóa vida. Quen lee terá vivido 5.000 anos. É autor, entre outras moitas obras de todo tipo, de "O nome da rosa"

e Harper Lee, que nos deixou un personaxe, Atticus Finch, que representa a integridade moral, o valor  e a loita ante a inxustiza. A súa case única obra, foi incluida nunha lista dos "libros que todos deberían ler polo menos unha vez na vida"

Ler máis no blog da Biblioteca +

 

A psicomotricidade educativa preventiva no Concello de Ames

   Queremos recomendarvos este artigo que Milagros Lorenzo Méndez, responsable do programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva no Concello de Ames publicou na revista PyM, Padres y Maestros. Itos leva moitos anos levando adiante as actividades de psicomotricidade nos centros de Ames, entre eles o noso e xa son moitos os alumnos que pasaron polas súas máns.

Premer AQUÍ para ler o artigo.

(a sala de Psicomotricidade está  no Edificio de Infantil)

  Da mesma revista tamén vos poño aquí este outro artigo  de Bernard Aucouturier , o pedagogo francés creador da práctica psicomotriz, que nos fala aquí dos límites na educación dos nenos.

O mellor agasallo para o nadal 2015 : unha boa lectura!

   Este nadal a guía de lecturas foi elaborada entre todas as Bibliotecas escolares do concello de Ames, ás que podedes chegar através das ligazóns que están nas portadas do tríptico, que ademáis teredes en papel.
    Tedes tamén acceso a máis guías premendo nas ligazóns e premendo na páxina do  blog da nosa Biblioteca. 

 

GUIA DE LECTURA DE VERÁN

 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.

by Dr. Radut