Estimadas nais, pais, familias,
A Consellería de Educación acaba de poñer dispoñible unha nova funcionalidade na aplicación abalarMóbil: a mensaxería.
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
Podedes descargar o manual neste enlace.