Unha iniciativa para o día das Letras Galegas que parte do Equipo de Normalización Lingüística do Concello na que participan todos os alumnos de infantil e primaria de Ames transformando o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de ANTÓN FRAGUAS.
Puxemos sobre lousas os seus versos e pendurámolos das árbores do paseo e no chan para disfrute dos veciños.
Neste enlace coa RTVG podedes ver algúns momentos da colocación das lousas e aos pequenos representantes do colexio.