Os alumnos de 4 e 5 anos asistiron na Casa da Cultura de Bertamiráns á representación de Snowball: unha actividade organizada polo Departamento de Inglés e protagonizada por Rebecca Evans da Compañía de teatro Face 2 Face. Con cancións, bailes, moita mímica e humor e todo en inglés!. Fantástico!. Saíron encantados e moitos dos nenos decían "entendo todo!"