Para o alumnado e profesorado de Sexto, o pasado venres día 3 foi un día inesquecible!. Baixo a batuta de Ángel, chegamos ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética. Descubrimos o Libro da Vida das cereixas, do kiwi … Extraemos o seu ADN!!! … Que ben o pasamos!!!
|
|
Moi posiblemente nuns pocos anos, algúns de nós, como os equipos do doctor Carracedo, esteamos a traballar con moitos Libros da Vida e descifrando os seus códigos xenéticos. Polas combinacións das súas letras (A, adenina; C, citosina; G, guanina e T, timina), saberemos das características dunha vida e das mutacións dos seus xenes : axudaremos así a coñecer, a previr e a curar enfermidades!!!
|
Namentres, ata ese día, seguiremos a aplicarnos a nosa particular lenda desas 4 letriñas: A (Amor pola ciencia), C (Curiosidade por saber), G (Gusto por traballar ), e T (Tenacidade para non rendirse). |
MOITAS GRAZAS Ángel, pola ilusión investigadora que sementaches en todos nós!!! … Ata o curso que vén, profesor Carracedo!!!