Ata o día de hoxe, 2 de xuño, a actividade “Sementando Poemas” tivo os seus froitos, e esperamos que non sigan a chegar poemas en novos lugares inesperados. Tivemos as seguintes noticias:
Sandra deixou un no comedor do CEIP A Barouta (Ames)
Paco atopou un na Illa do Refuxio en Oroso. (non se pode ver ben por baixa resolución)
Hugo deixou un no Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames)
Gloria deixou un na Área Recreativa de Sigüeiro.
Flor e Silvia non nos din do lugar pero atoparon tamén poemas. (non se pode ver ben por baixa resolución, se podedes probade a enviar a foto de novo, por favor)
Se vos fixades o de Paco e o de Gloria son o mesmo, e o de Iria e Flor tamén, que seguen a viaxar, onde acabarán? Saberémolo?
Grazas pola vosa colaboración e seguide a sementar cultura.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.