SISTEMA DE CITA PREVIA

Estimadas familias, a volta ás aulas e á “nova normalidade” lévanos a adoptar novas medidas para garantir a seguridade do alumnado e o persoal deste centro que pasan pola redución del aforo e a restrición de movemento por las instalacións, medidas que se suman ás xa adoptadas con carácter xeral (escalonamento de entradas e saídas, sinalización de itinerarios, xel desinfectante, distancias de seguridade, etc.)

 Dende o día 10 de setembro, calquera persoa que queira acudir ao centro a realizar xestións, solicitar documentación, petición de reunión, etc., terá que solicitar cita previa no teléfono 881866001. Debe indicar o motivo da cita, nome e teléfono de contacto (por si fora necesario cambiala).

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

 

Atentamente, a directora

AVISO IMPORTANTE:GRUPOS E AULAS

Mañá mércores 9 de setembro recibirán un aviso a través da aplicación Abalar no que se lle indicará o grupo, aula e titor ou titora que se lle adxudicou ao seu fillo/a.

Non o podemos facer antes xa que a aplicación Abalar non avanza de curso até mañá, ABALAR traballa sobre o ano académico fixado en XADE e que de momento está establecido no curso 19/20.

Agradecemos a súa comprensión e colaboración.

DATAS E HORARIOS DE COMEZO DE CURSO

Estimadas familias, esta é a organización de inicio de curso. Pedímosvos encarecidamente que sexades estritos co cumprimento dos horarios de entradas e saídas, igualmente temos que pedirvos que evitedes as aglomeracións, as entradas e saídas teñen que ser fluídas, polo que debedes deixar á vosa filla ou ao voso fillo e marchar, non podedes quedar na beirarrúa; nesta ocasión e pola seguridade de todas e todos nós, máis que nunca necesitamos da vosa colaboración.

A.          

DATAS DE INICIO

O alumnado de 4º e 5º de infantil e o de 1º, 2º e 3º de primaria comezarán o día 10 de setembro.

O alumnado de 6º de infantil (aulas mixtas) e o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria comezarán o día 11 de setembro.

 

B.          

PORTAIS E PORTAS DE ENTRADA

O alumnado transportado accederá polo portal principal (pérgola) a medida que vaian chegando os autobuses, incorporaranse pola porta que lles corresponda, sen esperas.

Para todo o alumnado non transportado

EDUCACIÓN INFANTIL, accederá polo portal exclusivo de infantil (novo no patio de 3 anos)

1º, 2º e 3º DE PRIMARIA ENTRAN POLO PORTAL LATERAL, unha vez dentro do recinto a distribución é a seguinte:

  • 1º A, B e C entrarán pola porta nº 1, identificada de cor AMARELO e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita
  • 2º A e B pola porta nº 3 e 2ºC pola porta nº2, identificada de cor LARANXA, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.
  • 3º A, B e C entrarán pola nº 5, identificada coa cor VERDE, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.

 

 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA ENTRARÁN POLO PORTAL PRINCIPAL, O DA PÉRGOLA, unha vez dentro do recinto a distribución é a seguinte:

  • 4º A, B e C entrarán pola porta nº 6, identificada coa cor VERMELLA, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita
  • 5º  e 6 A, B e C entrarán pola porta nº 4, e seguirán a sinalización do chan (ROSA para 5º e AZUL para 6º), circulando sempre pola súa dereita.

 

C.          

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA:

Entrada de Educación Infantil

  • 6º EI: entre 8:50h e 9:00h
  • 5º EI: entre 9:00 e 9:10 h
  • 4º EI: Durante o período de adaptación o horario será o que lle especificou o titor/a correspondente. Unha vez finalizado o período de adaptación o horario será sempre  entre 9:10 e 9:20h.

Entrada de Educación primaria

  • 1º EP entrada polo portal lateral entre as 9:10h e as 9:20h
  • 2º EP entrada polo portal lateral entre as 9:00h e as 9:10h
  • 3º EP entrada polo portal lateral entre as 8:50h  e as 9:00h
  • 4º EP entrada polo portal central entre as 9:10 h e as 9:20h
  • 5º EP entrada polo portal central entre as 9:00h e as 9:10h
  • 6º EP entrada polo portal central entre as 8:50h  e as 9:00h

Saída de Educación Infantil

  • Alumnado de comedor: Todo o alumnado de comedor permanecerá na súa aula acompañado polo monitor/a asignado.
  • Alumnado non transportado: Todo o alumnado non transportado de educación infantil sairá acompañado do seu titor ou titora  que os entregará  polo portal do patio de infantil (novo) nos seguintes tramos horarios:
  •  
  • 6º EI: entre as 14:00 e as 14:05h
  • 5º EI: entre as 13:55 e 14:00h
  • 4º EI: Durante o período de adaptación o horario será o que lle especificou o titor/a correspondente. Unha vez finalizado o período de adaptación o horario será sempre  entre as 13:45 e 13:55h.
  • Alumnado transportado: Unha vez entregado o outro alumnado, dirixiranse co seu titor ou titora ao lugar de recollida polas acompañantes de autobús, ademais estarán baixo a supervisión do profesorado de garda.

 

Saída de Educación primaria

  • Alumnado de comedor: Todo o alumnado de comedor permanecerá na súa aula acompañado polo monitor/a asignado.
  • Alumnado non transportado: Todo o alumnado non transportado de educación primaria acudirá ao portal de saída acompañado polo seu titor ou titora. O alumnado sairá do recinto polos seguintes portais e  nos seguintes tramos horarios:



  • 1º EP saída polo portal lateral entre as 13:45 e 13:55h.
  • 2º EP saída polo portal lateral entre as 13:55 e 14:00h
  • 3º EP saída polo portal lateral entre as 14:00 e as 14:05h
  • 4º EP saída polo portal central entre as 13:45 e 13:55h.
  • 5º EP saída polo portal central entre as 13:55 e 14:00h
  • 6º EP saída polo portal central entre as 14:00 e as 14:05h

 

  • Alumnado transportado: No momento de saída dirixiranse co seu titor ou titora ao lugar de recollida polas acompañantes de autobús, ademais estarán baixo a supervisión do profesorado de garda.

PLAN DE ACOLLIDA

PLAN DE ACOLLIDA

Estimadas familias consulten este documento para saber datas de comezo, horarios de entradas e saídas, portais e portas de entrada, entre outra información.

PLAN DE CONTINXENCIA

PLAN DE CONTINXENCIA

 

 

O Plan de Continxencia do CEIP A MAÍA ten por finalidade establecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o cese da actividade presencial nunha aula/etapa educativa/centro.

 

PROTOCOLO COVID: DECLARACIÓN RESPONSABLE E MODELO DE AUTO ENQUISA

 

Estimadas familias, tal e como se indica no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021

 

Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

No suposto de alumnado que poida ter a condición de vulnerable como consecuencia de patoloxías (agudas ou crónicas) que provoquen dependencia os criterios sanitarios que rexerán asistencia a clase ou, de ser o caso, a escolarización domiciliaria serán os que recomende médico ou pediatra.

É importante que saibades que a medición de temperatura ou a avaliación doutros síntomas compatibles coa COVID-19 será realizada por vós,  no seo da familia de forma diaria antes de acudir pola maña ao centro escolar.

 

 

Igualmente, debedes cubrir o documento de declaración responsable e facelo chegar polo neno ou nena ao seu titor ou titora nos primeiros días do curso.

 

Podedes acceder dende este enlace á auto enquisa e dende aquí ao documento de declaración responsable.

 

PROTOCOLO COVID-19 EN IMAXES

 

USO DE MÁSCARA OBRIGATORIO PARA ALUMNADO A PARTIR DE 6 ANOS E PARA TODAS AS PERSOAS ADULTAS

 

 

HIXIENE DE MANS OBRIGATORIA EN DISTINTOS MOMENTOS DA XORNADA LECTIVA

 

 

DOUS ESPAZOS DE ILLAMENTO, UN EN PRIMARIA E OUTRO EN INFANTIL

 

COMEZO DO CURSO 20/21

Estimadas familias, estamos traballando para que poidades envíar aos vosos fillos e fillas ao centro con seguridade.

Estamos recibindo chamadas constantes sobre aspectos que vos preocupan como plan COVID, organización de entradas e saídas, transporte, comedor, etc. Entendémolo,  pero toda a información a teredes nesta páxina web o  día 7 de setembro  á vosa disposición, non queremos facela pública antes xa que todo está suxeito a cambios. 

Agradecemos a vosa comprensión.

 

Recollida no centro dos libros do fondo solidario

Estimadas familias do alumnado beneficiario do fondo solidario para o curso 20/21,  deberan pasar a recoller e asinar a recollida nos seguintes días:

 

  • 4º de educación primaria:  xoves 3  e venres 4 de setembro en horario de 9 a 14.
  • 3º de educación primaria: luns 7 e martes 8 de setembro, en horario de 9 a 14.
Distribuir contido