Por se é de voso interese e queredes achegarvos á esta exposición, desde a área de Educación Artística ( Educación Musical) e co único ánimo de contribuír a un mundo mellor, o que implica coñecer a historia pasada, non esquecela nunca, tela presente cada día e transmitirllela aos nosos fillos e fillas, nenos e nenas, que sen dúbida serán o noso, pensemos, xusto e pacífico futuro, deixando ao voso criterio e consideración como pais e nais, contar, como e cando, esta parte escura da nosa historia reciente.
EXPOSICIÓN : "Los niños que vivieron y dibujaron el Holocausto".
A Comunidade Xudea de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Centro de Linguas Modernas da USC, o Centro Checo de Madrid e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, organiza no claustro alto de Fonseca a exposición: "Los niños que vivieron y dibujaron el Holocausto".
Nesta exposición poden verse 33 debuxos dos nenos e nenas que viviron no campo-gueto de Terezín entre 1940 e 1945, durante a Segunda Guerra Mundial, campo que cumpría unha función principalmente propagandística para o réxime nazi.
A mestra e artista Frield Dicker-Brandeis impartiu clandestinamente clases e ensinou a debuxar e a expresarse a través das obras plásticas a estes nenos e nenas para sobrelevar a tremenda situación que lles tocou vivir naquel campo-gueto, desplegando así toda a súa humanidade que unida a unhas grandes dotes artísticas e amplo coñecemento da psicoloxía infantil, funcionou como unha terapia, que sen dúbida, resultou inmensamente valiosa para os nenos e nenas de Terezín. Frield Dicker-Brandeis pouco antes de ser deportada xunto co seu home, escondeu os debuxos sabendo que quizais algún día terían valor e non só artístico. E así foi. Consérvanse como testemuña do Holocausto Xudeu, máis de 4000 debuxos, moitos deles no Museo Xudeu de Praga, dos aproximadamente 15.000 nenos que pasaron por Terezín. |
Alí en Terezín, foi representada a ópera Brundibár de Hans Krása, compositor xudeu tamén recluído en Terezín e con libreto do prolífico e polifacético Adolf Hoffmeister. Brundibár foi representada en Terezín unhas 55 veces polos nenos e nenas que incluso nunha ocasión, durante unha inspección da Cruz Vermella Internacional na que cantaron ante os delegados das organizacións que visitaron Terezín. Recentemente, unha desas nenas que cantou no coro de Brundibár, Dagmar Lieblová, estivo en Santiago de Compostela impartindo unha conferencia e asistindo ás representacións desta ópera no Teatro Principal de Santiago e tamén en Vigo, sendo así testemuña viva, do Holocausto Xudeu. |
|
A EXPOSICIÓN ‘Os nenos que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do ghetto de Terezín’ PERMANECERÁ ABERTA ata o 24 de febreiro en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e os sábados ata as 13.00 horas.
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
Goldman Rubin, Susan (2000). Fireflies in the Dark: The Story of Friedl Dicker-Brandeis and the Children of Terezin. New York: Holiday House |
Ligazóns:
· Xornal USC
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_02/noticia_0008.html
Departamento de Educación Artística ( Educación Musical)