Varios grupos de primaria, e os maiores de infantil, asistiron á proxección dunhas curtametraxes internacionais no festival internacional de cine infantil CINEMA CRIANZA. Este é o segundo festival que se celebra en Ames, para promover o gusto polo cine, a capacidade crítica e a alfabetización audivisual entre os rapaces. Despois, os maiores fixeron unha valoración das curtas vistas que podedes ler no PDF adxunto.
Resumo feito por Gabriela López:
O RETRATO DE ELIKA. Trataba sobre unha rapaza pequena que expoñía na súa clase o país da súa nai, Irán.
INSPIRACIÓN. Un neno que lle gustaba moito o parkour pero tiña unha dificultade porque non tiña 4 dedos dunha man pero mostroulles as persoas que todo e posible se te o propoñes
A VOZ DE NARGES. Unha nena de Irán quería cantar na mesquita mais só podían os homes, a ela non lle importou e fixo o que pudo para parecerse a un neno e ao final cantou.
O PRINCIPIÑO. Cando somos pequenos a os nenos solen regalarlles coches e as nenas bonecas, pero en Suecia mostráronos que no só as boneca son para nenas ou os coches para nenos
FHEDI. A dicir verdade esta foi a miña curtametraxe favorita , trata sobre un neno que na escola fanlle acoso escolar mais el non llo di a ninguén ,pasa o tempo e empezaron a sair os moratóns , golpes , material roto...... E el seguía sen dicir nada .
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cinema crianza opinións.pdf | 210.36 KB |