O departamento de inglés trouxo para os alumnos de infantil o espectáculo UNDER THE SEA da compañia Face to Facerealizado por nativos de inglés. En esta actuación era unha serea (mermaid) que vivía no fondo do mar e que lles cantou entre outras as cancións de "Head, shoulders, knees and toes", "under the sea"... onde ían aparecendo distintos animais acuáticos: lobsters, crabs, sharks, starfish.... algúns dos cales levamos preparados como marionetas de pao. Podedes ver máis premendoAQUÍ.
O Equipo de Normalización propuxo a todo o colexio facer un barco de papel en cada clase e poñer nel o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados en edicións anteriores. Despois seleccionamos un poema ou unha frase do autor, e escribímolo nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria...
E así , o mar rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.
Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada no ano 1963
En 1965 o elixido foi Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego.
As alumnas e os alumnos de 4º de primaria do Ceip A Maía coordinados pola profe Ana do Equipo de Actividades Extraescolares, durante a hora de ler, fixeron de madriñas e padriños lectores para os pequenos de infantil. Unha actividade na que tanto os lectores como os oíntes disfrutaron moito.