Modo Galego: Aportación de Ana de 3ºC
(Descargar o arquivos de vídeo para reproducilo)
Modo Galego: Aportación de Ana de 3ºC
(Descargar o arquivos de vídeo para reproducilo)
Modo Galego: Aportacións do alumnado de 5ºD
(Descargar os arquivos de audio para reproducilos)
Modo Galego: reflexión
(Descargar arquivo de audio para reproducilo)
O xoves, 26 de xaneiro, os alumnos/as de Proxecto Competencial de 3° C representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulàbase " Respeto por las diferencias".
Como público asistiron os compañeiros/as de primeiro, segundo e terceiro.
Podemos ver o vídeo da obra e as fotos premendo aquí.
Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía estamos a realizar unha actividade de posta en valor da lingua galega a través da colaboración de familiares do alumnado.
Con vídeos como os que se poden ver na ligazón animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.
Se desexa colaborar nesta iniciativa, rogamos envíe ao correo do centro un pequeno vídeo en formato horizontal coa súa presentación e un saúdo ao alumnado animándoo a empregar a linuga galega en todos os ámbitos da vida.
Moitas grazas!
Guía de lectura proposta polo Equipo da Biblioteca do CEIP A Maía
As persoas solicitantes de Fondo Solidario de libros poden consultar a adxudicación definitiva.
Si o desexan e teñen chave 365 ou certificado dixital poden facer a consulta directamente na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros , entrando no apartado "Cidadán" ; ou chamando aos teléfonos do centro: 881866005 e 881866006.
As listaxes NON se publicarán na web do centro.
O libros entregaranse en setembro: o 5 de setembro entregaranse os de 3º e o 6 de setembro entregaranse os de 4º. Terán que retiralos en secretaría o pai, nai ou titor legal posto que teñen que asinar o compromiso de cesión.
As listaxes NON se publicarán na web do centro.
As reclamacións faranse durante os dous días seguintes á publicación (9 de xullo), neste caso durante o 10 e o 11 de xullo.
Esta semana fixemos a mudanza-traslado da Biblioteca "Agustín Fernández Paz" a outras ubicacións no Centro. Retiramos, libros, mesas, estanteirías... Imos ceder o espazo de alimentar a mente para alimentar o corpo.
É un TRASLADO PROVISIONAL mentras se levan a cabo as obras do novo comedor e durante un tempo estaremos un chisco apretados.
Provisionalmente reubicarémonos na mini-antiga Biblioteca e no espazo acristalado do corredor no primeiro andar. Intentaremos seguir funcionando coma sempre... E cando rematen as obras VOLVEREMOS!
"Uxía Lambona e a banda molona" entretiveron e fixeron bailar aos nenos do colexio o mércores da derradeira semana do curso. Esta montaxe son uns anaquiños da actuación.
Este grupo pretende sobre todo divertir os pequenos, achegándolles temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, empregando novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop...) para que coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular. Foi unha actividade organizada polo Equipo de Actividades Complementarias. Pasárono xenial no concerto!
Esta montaxe está feita con fotos durante a actuación co fondo da súa versión do "Pirimpinpin".
Podedes ver unha selección das cancións do grupo no blog de 5ºC de infantil.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |