LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE
Enviado por A Maía o Mér, 06/03/2024 - 10:49amDesde o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua queremos difundir esta información por se é do voso interese.
Este venres, 1 de marzo, ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN para a sesión de contos con música de JARA ORTIZ, denominada LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE.
Trátase dunha sesión de contos que mestura música, teatro e humor e que nos propón unha viaxe activa e creativa ao País dos Contos para vivir aventuras que transformaran o mundo nun lugar mellor, máis diverso e máis xusto no que todas e todos teñamos igualdade de dereitos.
Esta nova actividade Apego coa que festexamos o día da Muller será venres, 8 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 h e está pensada para familias con crianzas a partir de 3 anos.
Lembrade que para anotarvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando:
-NOME E APELIDOS DAS PERSOAS QUE IDES VIR
-IDADE DOS/AS NENOS/AS
-TELÉFONO DE CONTACTO
OLLO!!: Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.
Tedes toda a info no cartel que vai anexo.
ADMISIÓN 2024/25
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 29/02/2024 - 4:03pmRenovación e preinscrición en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2024/2025
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 29/02/2024 - 2:59pmPUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 29/02/2024 - 12:25pmDesde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.
Para asegurar a súa participación fluída, crearase unha canle dixital para as familias que inclúa información, contidos formativos e materiais que axuden á detección temperá de condutas de acoso. Isto é, que as familias tamén dispoñan de ferramentas que as axuden a identificar cambios nos seus fillos que poidan derivar desas situacións.
Para iso potenciarase o papel das asociacións de nais e pais con accións formativas desenvolvidas por profesionais da Consellería de Sanidade, e seguiranse ofrecendo obradoiros específicos para familias tanto nos centros como en concellos e asociacións deseñados pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos profesionais dos centros Quérote+.
Lectura Recomendada. EDUCAR SIN DESESPERAR
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 26/02/2024 - 5:17pmDesde a Dinamización de Benestar e Convivencia queremos recomendarvos a lectura deste libro
Si queredes ler un pequeno avance podedes facelo premendo aquí
Día internacional de Lingua Materna
Enviado por A Maía o Xov, 22/02/2024 - 8:15pmO día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:
https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 16/02/2024 - 7:32amReserva chamando ao 881866004
Programa Rosalía do Concello de Ames
Enviado por A Maía o Ven, 09/02/2024 - 12:16pmDende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.
POR UN NADAL NOSO!
Enviado por A Maía o Ven, 09/02/2024 - 12:07pmDende o Departamento de Normalización Ligüística queremos compartir o documento que se adxunta: