Skip to Content

8M "ENREDADAS"

 

O mar forma parte da nosa vida e da nosa cultura. 

Somos xente da costa galega e iso conforma unha particular visión do mundo.

 Mariscadoras, redeiras, mariñeiras, pescantinas, científicas mariñas, remeiras… son oficios, profesións e actividades  nacidas ao abeiro deste medio. 

Non é un mundo inamovible. Cambia coma as mareas ao longo do tempo. O esforzo e a loita destas mulleres permitiron melloras nas súas condicións, acadar un maior recoñecemento laboral, social e económico. Mais aínda queda  camiño por percorrer.

Enredadas” pretende visibilizar e render homenaxe  a todas as mulleres, membros das familias do alumnado do noso colexio  que, dun xeito ou doutro, están vencelladas ao mar e á navegación.

 Elas comparten connosco as súas historias vitais: lembranzas pasadas e presentes, anécdotas, sentimentos e emocións…  e transmíteno dun xeito sinxelo  e cunha ollada especial;  dende o cariño con que llelo contan aos seus fillos e fillas, netos e netas… 

 Cada unha ten unha motivación e unha traxectoria única, segundo a época e as circunstancias que lles toca ou lles tocou vivir: incorporación ao mundo laboral -pasando dunha  economía máis tradicional e informal a outra máis moderna e sofisticada- ; necesidade e/ou supervivencia, afán de superación…  razóns, todas elas, que aparecen expostas ou  subxacen  nos relatos das nosas protagonistas.

Queremos agradecerlles a  xenerosidade amosada por compartir connosco, de xeito altruísta, as súas vivencias ; darnos a posibilidade de achegarnos a elas e  entendelas un pouco mellor. 

 Se deste xeito contribuímos a dignificarvos  un chisco, Mulleres do Mar, dámonos por satisfeitas!

 

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2022 / 2023

Publícanse as vacantes previstas para o curso 2022 / 2023.

 

Así mesmo, podedes atopar nesta entrada os impresos para para admisión do alumnado en centros públicos 2022 / 2023.

Lembramos que o prazo para a presentación do formulario de admisión do alumnado vai do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes a presentar no centro deben facelo no horario de atención ao público.

 

 

Impreso en castellano

Impreso en galego

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN EN CENTROS ESCOLARES CURSO 2022/2023

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

Atte: O Equipo directivo

ENQUISA COMEDOR ESCOLAR.

Boas tardes:

Desde  a ANPA do noso centro fannos chegar a seguinte información. Podedes descargar o impreso no documento adxunto.

ENQUISA COMEDOR-ANPA

XORNADAS PORTAS ABERTAS.

 

Xa están aquí as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE NOVA INORPORACIÓN. No cartel tedes a información necesaria. Aquelas familias interesadas deben concertar cita previa chamando ao centro ou escribíndonos un correo electrónico nos días previos.

Saúdos.

HORARIO DE OFICINA

Este é o horario de oficina do noso centro no curso 2022 / 2023.

Si precisades facer calquera xestión estaremos a vosa disposición.


Fora deste horario non será posible atendervos.

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID-19 e TEST SALIVA.

Recentemente, actualizouse o protocolo COVID para os centros educativos. Por este motivo recollemos nesta publicación a información actualizada sobre dito procedemento e as medidas a adoptar no noso centro no suposto de aparición de novos casos entre os membros da nosa comunidade educativa.

PREME NA IMAXE PARA IR AO DOCUMENTO

 

 

Así mesmo, compartimos a información que nestes momentos temos sobre os test de saliva para o alumnado que recibiremos no centro nas próximas datas. (adxunto test saliva). Aquí https://youtu.be/14XRgTirmUw tedes un video explicativo de como facer os test no voso domicilio.

 

PREME NA IMAXE PARA IR AO DOCUMENTO.

 

 Para unha información máis completa podedes vistitar o seguinte enlace

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antixeno_educacion.pdf

 

Ante calquera dúbida estamos no centro a vosa disposición. 

Att. A Dirección.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. 2021/2022

A dirección do centro informa que, dado que a situación epidemiolóxica do noso Centro o permite, reanudarase o proceso de Eleccións ao Consello Escolar. Lembramos que a data orixinal do martes 23 de novembro do 2021 tivo que ser posposta, por mor da aparición dun gromo COVID, e polo tanto quedou paralizado ata novo aviso.

A nova data para a celebración de ditas eleccións será o martes 11 de xaneiro do 2022, co mesmo horario aprobado pola xunta electoral no sector de pais/nais: de 13:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 19:30, na biblioteca do centro.

 

Atte: A dirección do centro

ENTREGA DE MÁSCARAS

Estimados pais e nais.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes de máscaras, regulado pola orde do 28/10/21.  Os responsables / titores de aquel alumnado beneficiario da axuda do material escolar no curso 2021/22 pertencente ao ciclo de Educación Primaria, poderá pasar polo centro desde o luns 13 de  ata o luns 20 decembro (ámbolos dous incluídos) assinando a recollida das máscaras reutilizables que lle foron concedidas.

 

Atentamente a dirección do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut