Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

O pasado venres celebramos no centro o Samaín e o Magosto. Para facelo contamos co traballo e coordinación dos diferentes equipos docentes.

  

A primeira parte da mañán consistiu na visita a exposición da biblioteca por grupos, para ver os monstros mariños elaborados nas aulas. O que máis gustou foi: "Pulpopom".

  

Na segunda parte da xornada, comemos castañas acompañados por un grupo de gaiteiros e a súa músical tradicional.  

O resultado foron unhas actividades que o noso alumnado disfrutou ao máximo. Moitas grazas a todos. 

 

  

  

CIRCULAR INFORMATIVA - ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimados pais e nais.

Achegamos a información relativa a apertura do proceso das eleccións ao Consello Escolar a celebrar no noso centro. Resolución do 20 de setembro do 2021 da consellería de educación.

Preme no adxunto para ver o documento completo.

RESOLUCION AXUDAS CONCELLO

Bos días, dende o departamento de economía do Concello de Noia infórmannos que onte 30 de setembro saiu publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Noia a Resolución Definitiva das axudas para o material e comedor escolar para o curso 2021-2022. 

 
Podedes consultar a información no propio Concello e no seguinte enderezo da sede electrónica: CONCELLO NOIA

OFERTA ACTIVIDADES ANPA "A BARQUIÑA" - 2021/2022

A ANPA "A Barquiña" infórmanos da oferta  de actividades extraescolares (día, hora e prezo) a disposición de todos os pais/nais para o curso 2021-2022.

- Body jump: xoves de 16:00-17:00h (10€ ao mes) A Barquiña

- Patinaxe: venres 17:00-18:00h (10€ ao mes) Poli A Barquiña

- Inglés: luns e mercores de 16:00-17:00h ou de 17:00-18:00h (20€ ao mes) Academia Nilex.

- Taekwondo: martes e xoves de 17:00-17:45h (5€ ao mes) Ximnasio Maniotas.

Os prezos das actividades son para os socios da ANPA, para non socios, os prezos veríanse incrementados.

Para inscribirse enviar email a: anpabarquina@gmail.com

Data límite de inscripción: 28/09/2021

As actividades comezan no mes de outubro.

Atte: A dirección do centro

INFORMACIÓN AXUDAS CONCELLO

O concello infórmanos que xa está a disposición dos pais e nais a listaxe provisional das axudas concedidas para o alumnado do noso centro. Ábrese agora un prazo (ata o 24 de setembro) para todos aqueles que queran realizar alegacións contra esta resolución provisional.

A entrega das axudas concedidas, realizarase a partires do remate do periodo de alegacións.

ANPA "A BARQUIÑA" - INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

A ANPA do noso centro, pon á disposición de tódolos pais/nais e titores legais do noso alumnado a seguinte información de interese relativa ás súas actividades para o curso 2021 / 2022.

Anpa2

Preme na imaxe para ver a información ao completo.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS - INICIO CURSO 2021/22

Estimados pais e nais:

Moitos saúdos para toda a nosa comunidade educativa, xa estamos ao comezo dun novo ano académico que ven con algunha novidade. Desde o día 1 de setembro contamos cun novo equipo directivo no centro formado por:

Carmen Romero Bello (directora), Santiago García Nieto (xefe de estudos) e Juan C. Avila Ribadas (secretario).

Aproveitamos estas liñas para agradecer o esforzo, traballo e dedicación da anterior directiva do noso CEIP.

 

 

Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este novo curso 2021/22, que dará comezo o día 9 de setembro para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria.

O día 10 de setembro comezará o alumnado de educación infantil (3 anos) segundo o establecido no periodo de adaptación.

 Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías. Lembrade que, debemos continuar respectando as medidas COVID establecidas para os centros escolares, polo que ademais das medidas xa coñecidas por todos, como o USO OBRIGATORIO de MASCARILLA, pregamos só asista un PAI/NAI/TITOR ou REPRESENTANTE LEGAL por cada un dos nosos alumnos é alumnas. Ó chegar ao centro cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada reunión.

As quendas e horarios que temos pensado son os seguintes:

 

7 SETEMBRO
4º INFANTIL (3 ANOS)                        edificio E. Infantil  16:30                   
5º INFANTIL (4 ANOS)   edificio E. Infantil  16:30
6º INFANTIL (5 ANOS) edificio E. Infantil  16:30
3º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
5º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria    18:30

 

8 SETEMBRO
1º EDUCACIÓN PRIMARIA                   edificio E. Infantil  16:30                   
2º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 16:30
4º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
6º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 18:30

 

Recibide un cordial saúdo desde o profesorado do centro.

 

LEVANDO ÁNCORAS...SINGRADURA 2021/2022

 

Benvidos a un novo curso do noso cole CEIP Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso. Desexamos á nosa tripulación un bo inicio de travesía e unha fantástica chegada a porto.

Que os ventos vos sexan favorables!!!

MADRUGADORES / ANPA CURSO 2021-2022

 

 

A ANPA deste centro informa que o PLAN MADRUGA, para o curso 2021-2022, terá o mesmo horario que o curso pasado de 7:30h a 9:30h e comezará o 13 de setembro.

Para anotarse hai que cubrir o impreso que se pode descargar desde esta páxina, ou collelo no propio centro. Ademais é OBRIGATORIO entregar os certificados de traballo dos pais ou do pai/nai/titor/a que teña a garda e custodia no caso de pais separados.

 

DESCARGA DO DOCUMENTO no enlace da parte inferior desta información.

 

ENTRA E CURIOSEA O BLOG DA NOSA BIBLIOTECA, FACEMOS ACTIVIDADES MOI MOI INTERESANTES!!!

                         

http://repepico.blogspot.com.es/

Distribuir contido


by Dr. Radut