Skip to Content

DESFILE DE ENTROIDO NA BARQUIÑA

Podedes ver a información da celebración, no adxunto desta mesma entrada.

ENTROIDO 2023 - MANDADOS DO MECO REPEPICO

Como cada ano, xa está aquí o ENTROIDO. O meco Repepico ten preparadas os seguintes mandados para a vindeira semana...

 

 

 

O venres 17 celebraremos distintas actividades no centro das que vos informaremos polo miúdo en breve. Un saúdo a tod@s.

Xorndas de portas abertas. Admisión novo alumnado 2023 - 2024

Bos días, familias:

A principios do mes de marzo comezará o prazo de admisión de solicitudes de NOVO ALUMNADO para o curso 2023 - 2024

Por esta razón, os derradeiros días deste mes de febreiro o noso centro organizará unhas xornadas de portas abertas para aquelas familias que queren coñecer o noso centro. Lembrade que, para poder atendervos axeitadamente debédes contactar telefónicamente connosco e concertar  cita previa.

Podedes ver a información no cartel desta mesma entrada. 

 

 

ESCOLA de PAIS - ANPA A BARQUIÑA

Desde a ANPA do centro infórmase da actividade de escola de pais.

CENTROS ADSCRITOS - RESERVA DE PRAZA CURSO 2023/2024

Ábrese o prazo de reserva de praza en centros adscritos para o curso 2023 / 2024.

Lembrade que, esta reserva é so para aquel alumnado que quere ou debe cambiar de centro por estar adscrito a outro centro, para continuar os seus estudos.

Para o noso centro: o alumnado de sexto curso que ten previsto matricularse no IES San Alberto.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 16 de XANEIRO ata o 6 de FEBREIRO. Para facelo pódese escoller calquera das seguintes modalidades:

PRESENCIAL: Presentando a solicitude correspondente no centro educativo empregando o documento ED550A (anexo I e anexo I-bis). Anexo a esta entrada. (o podedes descargar na súa versión en galego ou castelán).

 Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.


TELEMÁTICA: Así mesmo, pódese facer dita reserva de praza no seguinte enderezo da sede electrónica, co certificado dixital ou chave 365:

ENLACE Á RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE E. INFANTIL e PRIMARIA 

**NOTA ACLARATORIA:

O proceso de solicitude de praza de novo alumnado (4º de E.I./3 anos e outros cursos de nova incorporación) é un procedemento distinto do que informaremos puntualmente e que non comezará ata primeiros do mes de marzo.

Atentamente a dirección do centro.

HORARIO DA BIBLIOTECA CURSO 2022 / 2023

HORARIO DA BIBLIOTECA CURSO ESCOLAR 2022 /2023

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

venres

 

16:30h a 18:30h

 

 

Pechada

 

16:30h a 18:30h

 

16:30h a 18:30h

 

16:30h a 18:30h

 

Para consultar máis información sobre as actividades da biblioteca visitade o noso blogue:

http://repepico.blogspot.com/

** A biblioteca permanecerá pechada ao público os martes, o profesorado mantén xuntanzas de coordinación e titorías.

Eleccións ao Consello Escolar - Resultado das votacións.

Publicamos os resultados das eleccións ó Consello Escolar 2022

Podedes descargar os resultados nos adxuntos.

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR-CANDIDATURAS

Bos días:

Achegamos a relación de candidaturas pesentadas ao Consello Escolar no sector de pais/nais/representates legais, a celebrar o vindeiro martes día 29.

Así mesmo deixamos a vosa disposición a circular con información relativa ao procedemento a seguir.

 

Atte. A dirección do centro.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS. APERTURA COMEDOR ESCOLAR.

Deixando pegada contra a violencia de xénero-25N

Baixo o lema Deixando pegada contra a violencia de xénero, o próximo venres 25 de novembro, invitamos a toda a comunidade educativa a unha andaina solidaria pola contorna de A Barquiña  contra a violencia de xénero. Sairemos sobre ás 10:30 horas do centro percorrendo aproximadamente 1,5 km. 

Para este día traeremos vestido algunha prenda coa cor violeta ou negro (camiseta, xersei, pano, lazo....).

 

Unha vez de volta no centro, todos os participantes cantaremos xuntos a canción “Salir corriendo” de Amaral. 

No caso de choiva, a andaina suspenderase e as actividades que se fagan o redor desta conmemoración serán  para o alumnado e profesorado do centro.

Animádevos a deixar a vosa pegada!!

Distribuir contido


by Dr. Radut