Skip to Content

FIN de CURSO 2023/2024

 

Defensa persoal no cole da Barquiña.

Estes días o alumnado de primaria disfrutou dunhas xornadas de defensa persoal impartidas por Dache, Sabum cinturón negro VI Dan, do Clube de  taekwondo ITF Noia. 

Xa en anos anteriores participamos nesta actividade que resultou moi positiva para o alumnado. Nesta ocasión non foi menos! Os rapaces e rapazas recibiron moi bos consellos de como actuar ante unha agresión, sempre buscando ó adulto de referencia ou ás autoridades. Tamèn recalcou que nunca debemos  empregar os coñecementos da defensa persoal e o taekwondo para agredir ou atacar.

Unha vez máis, moitisimas grazas por compartir con nós o teu talento e os teus consellos.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

PUBLICAMOS A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DE CARA Ó VINDEIRO CURSO. (Preme na imaxe para aceder ó documento).

Piragüismo 2024.

Esta semana o alumnado de 3° a 6° de Primaria participou na actividade de piragüismo do Plan Xogade en Pontenafonso, organizada polo Clube de piragüismo de Outes.

Practicaron nun tipo de embarcación chamada Dragóns, onde remaron 20 participantes en cada barco ó ritmo do instructor. 

Grazas ó Clube de Outes por ofertar esta actividade ós centros educativos!

Xornada de convivencia co CEIP Plurilingüe Ricardo Tubio (Esteiro)

O venres 24 de maio os Equipos de Mediación Escolar do cole de Esteiro e da Barquiña, participamos nunha xornada de convivencia. Ademáis de compartir as nosas experiencias coa mediación escolar, fixemos dinámicas divertidas e círculos restaurativos para coñecernos e ir collendo confianza.

Tamén disfrutamos xuntos dunha rica merenda. 

Durante o recreo, o noso alumnado mediador, como bos anfitrións, mostraron o noso cole ao alumnado de Esteiro. Antes de rematar a xornada, ambos coles visualizaron os respectivos videos de presentación do alumnado mediador e realizamos un círculo de peche da sesión onde o alumnado compartiu as súas impresións da visita. 

O noso equipo agasallou ó equipo de Esteiro cunha chapa co noso logo de mediación e unhas pulseiras feitas por eles e elas.

Dende logo actividades como esta son un extra de motivación!!

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS 2024 / 2025

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (procedemento ED330B)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 21 de maio ao 21 de xuño do 2024.

 

BENEFICIARIOS (no noso centro): Alumnado de Educación Primaria matriculado no vindeiro curso 2024 /2025 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

     - Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia, no caso que non se poda acreditar o membros da unidade familiar mediante o libro de familia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

DE SER O CASO...

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

- Calquera outra documentación que sirva para xustificar algún dos items sinalados.

 

 A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER:

 

  • VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO: (unha por alumno/a)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

  • A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

                            https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  • NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS. (fora deste horario non será posible atendelos)

                -  Presentando os anexos I  e II, xunto coa documentación requirida na secretaría do centro no seguinte horario:

 

 IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10) 

DOCUMENTOS:

ANEXO I e II

Titorial ANEXOS I e II / Documentación a aportar.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024/25

Hoxe día 15 de maio, procedemos a publicación nos taboleiros do centro das listaxes definitivas do alumnado, admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025.

O acceso a plataforma admision de alumnado quedará aberta a partir do día 22 de maio.

O prazo de matrícula para o novo alumnado comprende do 20 ó 30 de xuño do 2024.

 

Enlace á documentación 

17 de maio - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

AS LETRAS GALEGAS TEÑEN NOME DE MULLER

Nun día tan sinalado para a nosa cultura, o alumnado de quinto de primaria deleitounos cun recital poético co que quixemos render homenaxe ás mulleres máis destacadas da nosa literatura.

Pouco a pouco… con algo de nervios… entre os versos de Rosalía, Francisca, María, María Victoria, Xela e Luísa fomos trazando unha liña do tempo en feminino na que non podía faltar a música, nesta ocasión en forma de cantigas da tradición popular galega.

Neste traxecto, nenos e nenas puxeron moitas ganas, esforzo e… o máis importante… ilusión; polo que resultou moi gratificante acompañalos na viaxe.

Agardamos que para todos os demais resultara igual de gozosa!

Coma sempre, grazas a Santi pola súa colaboración na parte musical e a Juan Manuel Insua, porque xa é da casa.

 

 

Unha aperta e feliz día das letras galegas!

XOGANDO CO ATLETISMO - 2024.

O xoves 9 de maio, o alumnado de 6° participou noutra actividade do programa Xogade: "Xogando co atletismo".

A xornada organizouna o Clube Barbanza en Pobra do Caramiñal. Alí practicaron as diferentes modalidades do atletismo: carreiras, saltos e lanzamentos, acompañados de grandes profesionais e deportistas.

Para rematar a xornada, o dúas veces campión de España na categoría Sub 16, Enzo López, fixo unha demostración de lanzamento de xavelina, deixándonos a todos impresionados!

 

 

 

CHARLA NO NOSO CEIP - PODOLOXÍA

Hoxe visitounos María, podóloga e nai dunha alumna do noso cole. Falounos sobre o coidado dos pés, das lesións máis comúns da pel e como evitalas . Tamèn fixo recomendacións sobre o calzado máis axeitado segundo o tipo de actividade que realicemos e cales son as características dun bo calzado.

O alumnado escoitou atentamente s súas recomendacións e compartiron experiencias e dúbidas. 

No cole estamos encantados de ter profesionais como María que fomenten hábitos de vida saudable.

Graciñas María!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut