Skip to Content

REUNIÓN ANPA "A BARQUIÑA"

Asociación de Nais e Pais do C.E.I.P. Alexandre R. Cadarso Lgar. A Barquiña S/N

15200 – Noia
A Coruña
Tlf.: 620643936 anpabarquina@gmail.com

REUNIÓN ANPA CON PAIS/NAIS/TITORES:

O XOVES día 15 de setembro as 20:30h terá lugar unha REUNIÓN da ANPA con tódolos pais/nais/titores no colexio para tratar os seguintes temas:

  • –.CUOTA ANPA E MADRUGADORES

  • –.EXTRAESCOLARES

  • –.COMEDOR

  • –.ELECCIÓNS EQUIPO DIRECTIVO ANPA

     Un saúdo

page1image30071712

COMEDOR ESCOLAR-ANPA "A BARQUIÑA"

 

A ANPA do centro informa da necesidade de saber a demanda real que hai no colexio, para o uso de servizo de comedor para o curso 2022/2023, e poder calcular a cuota mensual de cada comensal.

Para elo, os interesados deberán enviar ao seguinte correo electrónico: anpabarquina@gmail.com, ou entregar polos nenos/as no centro o seguinte documento, cos datos que se solicitan.

 

Atte: 

ANPA "A BARQUIÑA"

DESCARGA DE DOCUMENTO no enlace da parte inferior desta información

 

 

PLAN MADRUGA-ANPA

A ANPA "A Barquiña", informa que o PLAN MADRUGA, para o curso 2022-2023, terá o mesmo horario que o curso pasado de 07:30h a 09:30h e comezará o 12 de setembro.

Este ano cobrarase unha cuota de 10€/neno (5€ a partir do segundo irmán), tódolos meses. Deberase ingresar a primeira cuota en outubro (ainda que o servizo comece o 12 de setembro, xa que este mes non se cobrará). Ingresarase a cuota da ANPA, do 1 ao 5 de cada mes.

O prazo para entregar o certificado de traballo será o 30 de setembro (espérase inicio do marisco para esas datas).

 

Teléfono de contacto do PLAN MADRUGA: SOCO (646822137)

Unha vez inscritos, meterase o teléfono de contacto nun grupo de WhatsApp, para estar ó tanto de calquera novidade ou dúbida do servizo en cuestión.

Atte.

ANPA "A BARQUIÑA"

DESCARGA  FOLLA DE INSCRIPCIÓN no enlace da parte inferior desta información.

 

BENVIDA AO INICIO DO CURSO 2022/2023 - REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Estimados pais e nais:

En primeiro lugar, desde o noso CEIP, queremos darvos a benvida a un novo ano académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do noso centro. 

Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este curso 2022/23, que dará comezo o día 8 de setembro para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria

día 9 de setembro comezará o alumnado de educación infantil (3 anos), segundo o establecido no periodo de adaptación, que abranguerá ata o 16 de setembro.

 

Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías onde as familias serán informadas de diversos aspectos organizativos do noso centro.

Estas reunións levaránse a cabo en dous días para evitar as aglomeracións.

Pregamos só asista un PAI/NAI/TITOR ou REPRESENTANTE LEGAL por cada un dos nosos alumnos é alumnas.

Ó chegar ao centro, cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada unha das reunións.

 

As quendas e horarios que temos pensado son as seguintes:

 

6 SETEMBRO
4º INFANTIL (3 ANOS)                        edificio E. Infantil  16:30                   
5º INFANTIL (4 ANOS)   edificio E. Infantil  16:30
6º INFANTIL (5 ANOS) edificio E. Infantil  16:30
3º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
5º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria    18:30

 

7 SETEMBRO
1º EDUCACIÓN PRIMARIA                   edificio E. Infantil  16:30                   
2º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 16:30
4º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
6º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 18:30

 

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.

FONDO LIBROS 2022/2023 - LISTAXE PROVISIONAL

Boas tardes.

Gustaríanos informar que están publicadas, no taboleiro situado no interior do centro, as listaxes provisonais de: admitidos e excluídos do fondo libros para o curso 2022-2023. (3º e 4º curso E.P.). Así mesmo, as familias que solicitaron (material e libros) para o resto dos niveis de E. PRIMARIA,  podedes informarvos chamando ó centro: 881866828 (10h. a 13h.) 

Ábrese agora un prazo de dous días para presentar alegacións contra está resolución provisonal, que se convertirá en definitiva o vindeiro luns 4.

Polo tanto, a partires do luns 4 de xullo poderedes pasar a recoller os vales (material/libros) en horario de 10h. a 13h, na secretaría do centro. 

 

LETRAS GALEGAS 2022

            “Coa ledicia de voltar” Letras Galegas 2022

 

Cun sorriso e da man de Serafín Marcos damos por rematado o ciclo de actividades dedicadas ás Letras Galegas para este curso.

Neste espectáculo, o bardo noiés transportounos a través da poesía de Florencio Delgado Gurriarán; nunha viaxe  dende o seu Valdeorras natal ata México.

 Co seu particular saber facer, achegounos un pouco máis á figura do autor homenaxeado este ano pola RAG e fíxonos gozar tanto á rapazada coma ao profesorado, nunha xornada cargada de humor, música e creatividade!


PLAN XOGADE 2022

 

O martes 7 e o venres 17 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria participou en dúas actividades deportivas do plan Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar)

 Unha delas foi piragüismo, na modalidade Dragóns e levouse a cabo no Náutico de Portosin. Nesta actividade os rapaces e rapazas embarcaron nun bote para 12 ou 22 palistas onde un monitor é o tambor, que dirixe o ritmo da palada, e outro é o timonel, que leva a dirección do barco.

A outra actividade estivo formada por vela e kaiak, desenvolveuse no Náutico do Freixo e, a pesares da falta de vento, puideron disfrutar dunha xornada moi divertida onde non faltaron as risas, o esforzo e a diversión.

 

                            

ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE UCRAÍNA

 

O luns 20 de xuño realizamos a segunda fase do evento solidario a favor de Ucraína. Foi un día marcado pola chuvia, pero iso non nós quitou a ilusión por seguir adiante coa actividade. A andaina quedou reducida a unhas voltas arredor do cole como un acto simbólico. Despois, o alumnado marcouse uns bailes no polideportivo dirixidos polo profe Santi, a continuación, unha pequena paradiña para  cargar pilas cunha merenda saudable para seguir movendo o esqueleto coa actividade de zumba dirixida por Luis González.

Un pequeno grupo de alumnos e alumnas do noso cole fixéronnos unha demostración das súas habilidades físicas cunha exhibición de taekwondo guiados por Alberto Verea, monitor do Ximnasio  Maniotas.

 Todo o claustro da Barquiña queremos agradecer de corazón a vosa solidariedade e implicación con este evento.

A recaudación de alimentos superou as nosas expectativas!

 

Queremos agradecer a colaboración da ANPA que como sempre, amosa un gran interese e implicación en todas as propostas que lles presentamos, así como aos supermercados GadisEroskiFrutería RobertoLuis González (monitor de zumba) e Ximnasio Maniotas, Protección Civil de Noia e Policía Local e Concello de Noia.

Informarvos que Moncho Vidal farase cargo do envío de alimentos a Ucraína por medio da ONG.

 

AXUDAS CONCELLO CURSO: 2022-2023

 

AXUDAS DO CONCELLO DE NOIA PARA MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2002-2023

 

O Concello de Noia informa, da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, da convocatoria das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para Educación Infantil e Primaria para o curso 2022-2023.

O prazo para presentar as solicitudes será do 16 de xuño ata o 7 de xullo de 2022 (ambos incluídos).

As solicitudes deberán presentarse de xeito presencial no rexistro de entrada ou pola sede electrónica do Concello de Noia, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria esixida na convocatoria.

*No caso de que as axudas se soliciten para dous ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.

Nos arquivos adxuntos pódese descargar a resolución da convocatoria e o modelo de solicitude.

 

NATURALIZANDO O PATIO DA BARQUIÑA

 

 

NATURALIZANDO O PATIO DA MAN DE MIGUEL A. BLANCO.

Dentro do Proxecto de Dinamización  do Patio do centro, no que estamos inmersos este curso, levamos a cabo un obradoiro de plantación co noso alumnado da man de Miguel A. Blanco , xardineiro do Concello de Noia.

Aproveitando a época na que estamos plantamos flores de temporada: tajetes, hortensias, begonias, xeranios..., algunhas hortalizas (pementos, berenxenas, cenorias, berros...) e plantas aromáticas (menta, albahaca, tomillo, perexil, ....).

Como macetas reutilizamos dous neumáticos xigantes e uns hortos .

           

O alumnado documentouse nas aulas sobre o tipo de flores e plantas, o seu coidado etc...antes de realizar o obradoiro.

Pasamos un intre ben entretido !!

Grazas a Miguel e ao Concello de Noia pola súa colaboración nesta actividade.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut