Skip to Content

Semana a semana, o cole non para!

 

Esta semana tivemos moitas saídas interesantísimas, botádelle unha ollada!

 

 

O alumnado de 1º de primaria e de 5º de Infantil visitou o Museo de Belas Artes

 

A horta segue dando moitas alegrías... e froitos!

 

 

Se temos que ir, mellor camiñando. Moitos non nos creen, aquí tedes a proba gráfica, con 5º ao teatro!

 

 

As nosas mestras e alumnas contan moito, contan moitos contos!

 

 

Semana de SAMAÍN e MAGOSTO!

Bos días queridas familias!

Unha semana máis tedes o resumo do que fixemos no cole.

Tedes todas as imaxes e algún vídeo no noso INSTAGRAM.

Bicos e saúdos!

 

A semana pasada festexamos o SAMAÍN e o MAGOSTO!

 

Fixemos talleres, degustación de castañas e xogos co noso alumnado!

 

O noso equipo docente segue a formarse coa colaboración doutros centros nas novas metodoloxías!

 

Grazas a colaboración das nais e os pais nos "CONTOS AO CARÓN DA LAREIRA"

ATA A PRÓXIMA!

 

 

 

SAÍMOS NA PRENSA

Este xoves saímos na Opinión da Coruña.

 

Aquí tedes o artigo sobre o noso centro.

 

ORGULLOS@S do noso cole!

Renovación de Proxectos

 

Esta semana confirmáronnos a continuidade nos nosos proxectos de ciencia, biblioteca creativa e a nosa Radio.

 

Se queredes coñecer máis sobre eles PREMEDE nas seguintes ligazóns para informarvos.

 

Saúdos!

 

CLUB DE CIENCIAS 

 

BIBLIOTECA CREATIVA

 

RADIO NA BIBLIOTECA

 

A pasada semana...

Coma todas as semanas aquí tedes un pequeno resumo das actividades máis interesantes da pasada semana do 23 ao 27 de outubro

 

INSTAGRAM DO COLE

 

Esta semana o noso profesorado seguiu o seu itinerario de formacións... nunca deixamos de aprender

 

Tivemos visitas culturais como esta á Fundación Maria José Jove

Semana previa á festividade de Samaín, comezamos a ver moitos obradoiros desta temática.

O alumnado de 5º participara no programa Sementando para que a nosa opinión sexa escoitada.

 

Desde STOP accidentes tivemos as charlas sobre educación vial xa que, coma bos cidadáns, temos que saber camiñar a nosa cidade.

 

Que pode haber mellor que unha saída cultural ao teatro para poñer en práctica esto da vida saudable. Camiñando ao teatro e se chove...

Distribuir contido



by Dr. Radut