Skip to Content

O cole, un espazo de respecto.Conmemoramos o día contra a violencia de xénero

Como sabedes neste centro temos un forte compromiso co respeto e a non violencia.

Como non podía ser doutro xeito, unímonos á loita contra a violencia de xénero, sempre conscientes de que se familias e mestres/as educamos ben aos nosos pequenos/as, teremos o día de mañá os adultos que todos desexamos que sexan.

 Premede para ver o video

 

 

Concerto Aldaolado

Como a COVID anda aínda rondando, este ano non poderá levarse a cabo o Correlinguas ao uso pero sí que puidemos desfrutar dun concerto do grupo Adaolado con ese motivo.

Álbum: Sen categoría -> Concerto Aldaolado

Contacontos do Concello

Recentemente vimos de recibir a visita do contacontos do Concello. Con diferencia un dos máis divertidos que temos desfrutado :)

Premede na imaxe para ver tódalas fotos

Álbum: Sen categoría -> contacontos concello2020/21

O teatro non desaparece pese á COVID

Nestes tempos tan raros faise difícil desfrutar de actividades colectivas como o teatro pero no Alborada sabemos que é importante para a formación dos nosos pequenos e pequenas realizar actividades complementarias que nos poñan en contacto coas diversas artes.

Desta vez optamos por ver teatro en streaming, é dicir, por ver teatro en directo a través da nosa pantalla xigante no aula.

A verdade é que foi unha experiencia ben interesante.

Álbum: Sen categoría -> Teatro 2020/21

Cambio no horario de entrada de Ed. Infantil

 

Queridas familias:
Agora que o alumnado de Ed. Primaria xa accede ao centro con maior celeridade, podemos adiantar as horas de entrada de Ed. Infantil.

A partir do vindeiro luns 23 as horas de entrada serán as seguintes:

 

  • 6º de Educación Infantil (5 anos) entrará ás 9:05 (É importante que tratedes de non mesturarvos cos rapaces/as  maiores polo que se algún día se retrasan na entrada, agardade a que accedan os nenos/as de primaria antes de entrar no recinto para deixar aos pequenos/as)
  • 5º Ed. Infantil (4 anos) entrará ás 9:10
  • 4º Ed. Infantil (3 anos) entrará ás 9:15


Grazas e un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut