Skip to Content

Información xeral

Listado libros de texto 2023-2024

O listado de libros de texto para o vindeio curso 2023-2024 está a disposición de todas e todos en formato pdf no final deste artigo, podedes desacargalo.

Os listados de material escolar serán entregados ao inicio de curso nas aulas por parte das titoras e titores.

Todo este material está a disposición das librarias que o soliciten.

Reserva de praza para o IES

RESERVA PRAZA CURSO 2024-2025 EN CENTROS ADSCRITOS

A partires do luns 15 de xaneiro está aberta a reserva de praza para o curso 2024-2025.

Esta información vai dirixida ao o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Sanxenxo, por tratarse do instituto de adscrición.

Deberedes O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregado ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.A data límite para presentar as solicitudes no centro é o luns 5 de febreiro, podendo entregala na nosa escola, no centro adscrito (IES) ou na sede electrónica (Chave 365)

Enlace Xunta información admisión

O alumnado que non desexe ir ao IES adscrito de referencia e opten por outros centros non teñen que facer a reserva agora, logo a partir do 1 ao 20 de marzo, correspondente ao período de admisión deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido por vostedes.

Formulario reserva de praza na plataforma Chave 365

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

Matrícula 2023-2024

Benvidas e benvidos!

Todas as solicitudes de admisión presentadas están admitidas definitivamente.

As solicitudes presentadas fora de prazo serán contestada particularmente despois de analizar a documentación e segundo resposta da Comisión de matrícula de Pontevedra.

O  prazo de matricula será do 20 ao 30 de xuño, xa nos poñeremos en contacto telefónico convosco para formalizala.

Lembrade que un alumno ou alumna que viva na zona de infulencia da escola e desexe matricularse aínda que non haxa praza ten todo o dereito a solicitar praza no centro (por exemplo en Infantil 4 anos que non hai vacante pero solicítase igual).

Se tedes algunha dúbida chamade ao 886 151 645.

 

Publicación das vacantes para o vindeiro curso 2023-2024, as aulas están desdobradas e a ratio por aula oscila entre 13-15.

 

Cursos

Prazas

Infantil 3 anos

22 + 3

Infantil 4 anos

0

Infantil 5 anos

22

1 + 3

22

22

22

20

1

Listado libros de texto curso 2020-2021

Achégovos o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

 

Reserva de Praza

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020.

Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Sanxenxo, código 36020324) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II)  A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado":

 www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

Horario de atención ao público

O Equipo Directivo atenderalles:

- Luns de 09:30 a 12:00

- Venres de 12:30 a 14:00

 

Non dubiden en poñerse en contacto con nós ante calquera problema que poida xurdir ao longo do curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut