Skip to Content

blogue dePedro

Saídas do alumnado escolarizado

INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DIRECCIÓN DE CENTROS RELATIVA ÁS RECOMENDACIÓNS SOBRE SAÍDAS DO ALUMNADO ESCOLARIZADO

No mes de xullo de 2017 a Consellería de Educación publicou a Instrucción 9/2017 que regula as saídas do alumnado dos Centros Educativos Públicos. Tédela abaixo en pdf para descargar.

Dita información está recollida no seguinte anexo adxunto, onde se regulan as saídas sen acompañantes do alumnado do 3º ciclo e a normativa sobre o alumno transportado.

O centro salvo obriga da administración, non facilitará os teléfonos dos proxenitores ás empresas de transporte, polo que serán as familias as que decidan o feito de darllo para avisarlles no caso de non asistir á recollida na parada.

Neste documento recóllese as formas de actuación no suposto de que non veña ningún familiar autorizado á recollida do alumnado na parada do transporte ou na saída do centro.

Plan Dixital do centro

Clicade no enlace en pdf do final do artigo para ver o noso Plan Dixital

Equipo de Dinamización da Lingua

A nosa lingua, a túa lingua, a lingua de tod@s!

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

 Clica na imaxe e accede ao noso blog

 

Programacións das Especialidades

Aquí podedes atopar a relación das diferentes especialidades (Inglés, Plástica en inglés, Educación Física, Música, etc.) coas programacións do curso 2020-2021.

Programacións Especialidades

Programacións

 

Aquí podedes atopar as programacións anuais para o curso 2023-2024.

 

 

 

  


Programacións 2º Ciclo

3º curso

4º curso


 

Reabre o prazo de Admisión do Alumnado

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 5 de maio de 2020 (DOG do 6 de maio de 2020) na que se publica o seguinte.

Dende o luns 11 ao 18 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, en horario habitual de apertura do centro de 10:00 a 13:00 e con cita previa por petición telefónica ao 886151645.

Para entrar na escola debemos levar a máscara e luvas. Ademais deberá de manter a distancia de seguridade.

Non se pode acceder máis dunha persoa por entrega de documentación.

Publícanse así os novos prazos do proceso son os seguintes:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Avisade a todos os interesados, familiares, veciños ou coñecidos para que non queden fora.

Esperámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut