Skip to Content

Dinamización da lingua

A NOSA LINGUA!

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina de agora en diante, un novo obxectivo principal que é falar na nosa lingua con todas aquelas persoas que queiran, como nola transmitiron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos. 

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí.

Este curso fixemos una sondaxe e o alumnado que emprega o galego como lingua principal no ámbito familiar é un 10%, porcentaxe que aumenta se ampliamos aos avós e avoas. Chegamos a conclusión que debemos entre todas e todos poñer remedio a dita situación, a lingua é o mellor tesouro e a forma de respetar aos nosos antepasados. Non pertimamos que desapareza. Está nas túas mans.

Necesitamos da vosa colaboración, séguenos.

http://alinguadetodos.blogspot.com.es

         Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Distribuir contido


by Dr. Radut