Benvidos
O C.E.I.P. A Carballeira é un pequeno centro situado na Parroquia de Lourizán, no Concello de Pontevedra.Na actualidade funcionan no mesmo dúas unidades de Educación Infantil e seis unidades de Educación Primaria.
O colexio atópase situado nunha situación privilexiada, xa que está edificado sobre un pequeno montículo desde o que podemos divisar toda a ría de Pontevedra, a Illa de Tambo e ata a Illa de Ons na entrada da Ría.