ALMORZOS SAUDABLES

A vindeira semana desenvolverase no colexio a actividade de Educación para a saúde, Almorzos  Saudables  na  idade  escolar, en colaboración coa Consellería de Sanidade. A actividade ten por finalidade que os rapaces e rapazas coñezan a importancia do almorzo como primeira comida do día e as variedades deles que hai.


 


Faranse 2 tipos de almorzos: almorzo mediterráneo e almorzo mixto.


 


O programa será o seguinte:


 


·       LUNS, día 6,  e   MÉRCORES, día 8: Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria.


·    MARTES, día 7,  e XOVES, día 9: 3º, 4º, 5º e 6º curso de Primaria.


 


  Os almorzos comezarán ás 9:00 horas.


 


Os pais que o desexen poderán acudir eses días á mesma hora acompañando aos seus fillos, coñecendo así os diferentes tipos de almorzos e e outra información de interese.


 


Desde aquí agradecemos ao Supermercado Gadis a súa colaboración.


 

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031