RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER 2022/23

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022 ábrese o prazo para que o alumnado de 6º de Primaria reserve praza no instituto Torrente Ballester para o curso 2022/23.

Se desexan que os seus fillos/as cursen 1º de ESO nese centro, deberán cubrir o impreso de reserva (Anexo I-ED550A en galego ou castelán) facilitado polo centro e presentalo na secretaría do CEIP A CARBALLEIRA acompañado da seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

- IMPORTANTE: a solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. 

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. 

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior. Art. 14.4 Orde 12 de marzo de 2013.

* Tamén se pode cumprimentar a solicitude en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregala no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

* O prazo para facer a solicitude noutro instituto, distinto ao adscrito, abrirase no mes de marzo.

AdxuntoTamaño
+ED550A-G.pdf299.2 KB
+ED550A-C.pdf300.47 KB
+ED550A-G.pdf299.2 KB
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930