ACLARACIÓNS Á REANUDACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN
Ante as dúbidas xurdidas entre as familias, informamos de que o alumnado xa matriculado no noso centro neste curso 2019/20 ten garantida a súa praza para o vindeiro curso 2020/21.
ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo 2013)
CAPÍTULO II
Garantía de permanencia e prioridade
Artigo 9. Garantía de permanencia no centro docente
1. O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
Polo tanto, só o alumnado de nova matrícula, que aínda non entregara no centro a solicitude de admisión para o curso 2020/21, é a quen vai dirixido o restablecemento do proceso de admisión 2020/21.