AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/18

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2018/2019.

ORDE do 8 de maio de 2017 (DOG 21 de maio 2018)

- AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.

- FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

- AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €. A axuda será de 50 €.   

PRAZO para presentar as solicitudes: ata o 22 de xuño (este incluído).

DOCUMENTACIÓN cando se autorice a consulta telemática 

a) Anexo I : o impreso de solicitude poderedes descargalo ou recollelo no colexio.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  •  1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a  atribución da custodia do/da menor.
  • 2º. Certificado ou volante de convivencia.
  • 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Se a situación familiar, a 31 de decembro de 2016, é diferente a rexistrada no Libro de Familia, aportarase documentación acreditativa.

c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

RENDA PER CÁPITA DA INIDADE FAMILIAR: é a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016. Calcúlase sumando os recadros 392+405 da declaración renta 2016 (presentada en 2017) e divídese polo número de membros computables da UNIDADE FAMILIAR (pais,fillos/as menores de idade, maiores de idade discapacitados, solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar). Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %  e non se considera membro computable o agresor nos casos de violencia de xénero.

Renta per cápita máxima para recibir axuda: ata 9.000€

 

IMPORTANTE: Todo o alumando que curse 3º e 4º no curso 2017-2018, que participara no programa de Fondo solidario, deberá devolver os libros en bo estado, ao rematar o presente curso na data que será indicada polo centro, de non facelo así quedará excluído  do fondo solidario para o vindeiro curso.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30