Os lugares máis extremos do planeta

Sabes cal é o lugar máis frío da Terra? E o máis húimido?

Os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha pequena investigación sobre algúns dos lugares máis extremos do noso planeta e plasmaron os seus coñecementos nun mapa interactivo. Atréveste a acompañarnos nesta viaxe tan sorprendente? 

 

 

Obradoiros na biblioteca

Hoxe fumos á biblioteca para cociñar, lavar a louza, planchar e coser uns botóns. Foi un día no que traballamos a idea de que estas tarefas habituais nos fogares, son responsabilidade de homes e mulleres, nenos e nenas. 

Cociñando

Cosendo

Planchando

 

E por suposto... comendo as nosas ricas tortillas!!

 

 

 

Repaso animais

https://view.genial.ly/60327f28b213870d34e23ca0/game-a-natureza

Entroido

Gran día de entroido no cole Abelendo

Cheo de pescadores, medusas, calamares, peixes, cabaliños de mar...

Todo con sabor a MAR!!

O entroido xa está comezando...

O entroido xa está a piques de comezar e no noso cole xa o estamos celebrando...

Hoxe moitos nenos e nenas xa se animaron...

O luns no entroido te mergullarás, 

e por riba da roupa un bañador poñerás!

 

O martes imos mariscar, pon un bo mandil para non te manchar!

 

O mércores, da cor do MAR te vestirás...

cunha gravata ou lazo, que ben lucirás!

O xoves, de tanto traballar e rir, 

xa temos ganas de durmir, cun bonito pixama xa estamos aquí!

 

Distribuir contido

Back to top