DESEÑO PARA AS MOCHILAS DO EMPRÉSTITO DA BIBLIOTECA

Ao igual que no curso anterior, levamos a cabo un concurso de debuxo para que a nosa mochila do empréstito luzca a carón do noso proxecto documental sobre o Universo.

Cada nena e cada neno deseñou un debuxo sobre este tema, en negro sobre branco, a unha soa cor, xa que a mochila deste curso é de cor negra. Cada unha das aulas votou de entre todos os debuxos da súa clase e, posteriormente expuxemos os deseños gañadores para que toda a escola procedera a votación.

Aquí tedes todos os deseños

E o gañador foi... o número 7!!!!

MOCHILAS DA IGUALDADE

Este mes de novembro é un mes moi importante, no que aproveitamos a conmemoración do 25-N para traballar aspectos moi importantes como o respecto, o trato igualitario, as mulleres importantes da nosa vida e da nosa contorna, e a igualdade.

Así, aproveitamos para poñer en marcha as mochilas da igualdade, que viaxarán ás casas para que en familia poidades compartir mementos de lectura cos cativos sobre este tema.

25 DE NOVEMBRO. RESPÉCTAME. RESPÉCTOTE

O 25 de novembro conmemórase o Dia contra a Violencia de Xénero. Na escola quixemos afonda no respecto cara o outro sexo, e fixemos unha pequena exposición fotográfica na que os nenos mostraban un cartel coa palabra RESPÉCTOTE, e as nenas portaban un cartel que dicía RESPÉCTAME.

 

Podcast: Que é para ti o galego?

O alumnado de 6º de Primaria conmemora o Día das Letras Galegas coa publicación do seu podcast Que é para ti o galego?

 

Con este programa de radio participaron no Concurso de podcasts - Radio na biblio e, aínda que non resultaron gañadores, poden estar moi orgullosos do seu traballo.

 

Neste podcast os nenos e nenas de 6º leron o poema 'O galego', escrito por Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A partir del reflexionaron sobre a nosa lingua e explicaron nunha frase o que significa o galego para eles. Con todas as súas respostas crearon un novo poema que comparten con todos a través deste podcast. Podedes escoitalo no ficheiro adxunto.

 

 

2 de abril Día de concienciación sobre o autismo

Esta semana estivemos traballando no cole sobre este tema. Dende a coordinación do programa IguálaT propúxose facer un traballo plàstico baseado na obra de Stephen Wiltshire. O alumnado debuxou unha paisaxe que os facía felices e recollemos todas estas imaxes baixo o lema " Unha viaxe feliz pola vida" para vixibilizar que cada unha de nós coas nosas particularidades e as nosas formas de entender o mundo e a realidade, que todas son diferentes, temos dereito a ter unha vida PLENAMENTE FELIZ!!

 

Distribuir contido

Back to top