Horario de 6º

Benvidos a un novo curso, o derradeiro no CEIP Abelendo!

Achegamos o horario semanal para facilitar a organización das familias. As horas coloreadas cun fondo rosa son as correspondentes aos ámbitos. Comezaremos con eles a próxima semana.

Desde o equipo docente aproveitamos para desexarvos a todos un curso cheo de novas aprendizaxes e coñecementos, pero tamén de ilusión, alegría e bos recordos que levar na mochila.

Excursión Illas Cíes

Aquí tedes algunhas fotos da estupenda excursión ás illas Cíes

 

Letras Galegas

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, adicado a Xela Arias, o alumnado de cuarto deixou unha caixa con poemas na Agraria de Abelendo: Este día das letras galegas, colle un poema e disfruta do tema!

Xogando a ser fotógrafos

En Arts estivemos traballando a obra de Chema Madoz, un fotógrafo español que xoga coas imaxes para crear novos significados.

Despois de coñecer as súas fotos decidimos imitamr o seu estilo, creando os nosos propios xogos visuais. Aquí tedes unha galería de imaxes coas nosas obras de arte. 

 

Compartindo poesía

Este ano quixemos compartir co noso entorno a conmemoración do Día das Letras Galegas, e por iso acudimos a O baile para entregar unha caixa chea de pergaminos. Dentro había poemas de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Darío Xohán Cabana, Manuel María e, como non, de Xela Arias, a autora homenaxeada este ano.

 

Estes son algúns dos poemas cos que agasallamos aos clientes.

 

Podedes pasar por O baile para coller o voso!

 

 

 

Distribuir contido

Back to top