Infantil e Primaria |
Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto. |
|||
Como cada ano celebramos o entroido e nesta ocasión adicado o coidado do planeta e por iso fomos disfrazados dos distintos contedores que empregamos para o reciclaxe dos residuos que producimos nos nosos fogares. A continuación tedes o enlace o álbum coas fotos da festa. |
|||
A continuación tedes o enlace a todos os vídeos das actuacións do alumnado. Por favor facede un uso resposble destes documentos. Felices Festas e Feliz 2024! |
|||
O pasado 30 de novembro o alumnado participou no Cross de Xogade no Campo da Alta da Pobra do Caramiñal. A continuación tedes o álbum coas fotos e vídeo do evento. |
|||
Aínda que tarde compartimos por aquí as fotos da celebración do 25N en contra da violencia de xénero. |
|||
O pasado mércores 15 de novembro celebrámolo Magosto. O tempo aguantou e grazas a colaboración das familias pasamos un día estupendo comendo castañas e xogando. A continuación as fotos da festa. |
|||
O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín, aquí as fotos do día. Pasámolo xenial! Mirade que fotos! |
|||
O pasado 24 de outubro estivemos de visita didáctica a o MUNCYT de Coruña, o tempo deunos unrespiro e puidemos acercarnos tamén ao parque do Monte de San Pedro.
Aquí están as fotos desta estupenda excursión. |
|||
Chegou o fin do curso e celebrámolo cun día de xogos e diversión. A continuación tedes o enlace para acceder ao álbum: Tamén tedes a continuación un recopilatorio de todas as fotos e vídeos publicadas ao longo do curso. |
|||
|
|||
Bonjour! A semana pasada tivo lugar no noso centro unha xornada francófona onde todo o alumnado de infantil e primaria puideron degustar auténticas "Crêpes Bretonnes" da man de Jeremy Thomas, natural da Bretaña francesa e gracias o seu “food truck” La Marinière. Ademais cunhas nocións impartidas o longo destes días, o alumnado puido participar nunha breve conversa onde utilizaron palabras en francés adaptadas o seu nivel.
Deixámosvos unhas fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/epM39UjQUPK2EoVAA Merci, à bientôt et bon appétit! |
|||
O día da muller traballadora adicámolo as mulleres científicas preparando traballos de Arts e nas titorías cun acto no que expuxéronse os traballos e xogamos co realizado en Arts.
No seguinte sites podedes ver o que fixemos: |
|||
Unha vez rematado o Entroido é o momento de compartir con todos vós as instantáneas destas festas. Esperamos que vos gusten. |
|||
O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro, o alumnado de Abanqueiro visitou o Pazo de Goiáns, alí aprendemos moito sobre árbores centenarias e tamén estivemos prantando. Logo puidemos entrar no Pazo e aprender un pouquiño da súa historia. Encantounos a historia da serea Mariña. Aquí vos deixamos unha reportaxe da nosa visita. |
|||
Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo. No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións: |
|||