NOVAS MEDIDAS ADOPTADAS DEBIDO AO CORONAVIRUS

Ante a actual situación de contaxio por COVID-19 e seguindo as novas medidas da Consellería de Educación, que varían e variarán dependendo da evolución do contaxio por coronavirus:

  1. O proceso de admisión queda prorrogado ata o 1 de abril "POR MEDIOS ELECTRÓNICOS". A documentación que teñan que aportar poderán enviala a través do correo electrónico ceip.abanqueiro@edu.xunta.es mediante un arquivo dixitalizado.
  2. O centro estará, en principio, aberto para a entrega de documentación, e de maneira excepcional, de 10:00 a 13:00 horas os días 16, 17 e 18; para todos aqueles que non dispoñan de certificados dixitais ou Chave365 que lles permitan facelo de xeito electrónico.
  3. O centro permanecerá pechado ao público a partir do 19 deste mes.


Estes acordos poden variar... pois o goberno ten na mesa a adopción de novas medidas en función da gravidade da pandemia e do discurso desta. Sendo moi posible que o centro quede totalmente pechado a partir deste luns 16.

Agardamos que isto non se prolongue moito no tempo.
Para calquera consulta non dubiden en poñerse en contacto a través do correo electrónico.

Desculpen as molestias,

A Dirección