Charla-taller "A Alimentación en Idade Escolar"

 

O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación.

Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal.

Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro.