Obradoiro para os máis pequenos na Biblioteca Municipal

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Boiro comunícase que este vindeiro sábado, día 1 de outubro, ás 11:00 h realizarase un Obradoiro Creativo destinado ás nosas crianza, máis concretamente a partir de 7 anos. Poderán experimentar cómo é o proceso na creación dun libro ilustrado así como a elaboración do seu propio libro.

 

O aforo é limitado polo tanto é necesario inscrición prevía. Esta actividade é gratuíta e esta englobada no programa "Ler conta Moito" tratando de de fomentar a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.