Festival Audiovisual Escolar Olloboi

 

Achégase o programa de actividades da edición 2022 do Festival Audiovisual Escolar que a Asociación Cultural Olloboi organiza dende hai máis de 10 anos.

Destacar a actuación destinada a público infantil “Show Peter Punk”, espectáculo completamente gratuíto que se realizará no Parque de A Cachada a partir das 18:00 horas do venres día 10 de maio.

No caso de que alguén queira asistir á gala de entrega de premios (Abadía de San Enrique a partir das 20:30 horas) deberá realizar unha reserva de praza a través da páxina web de Olloboi.