LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar 

Fondo Libros

 

Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro.

Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital.

Segundo a Orde 10 de maio do 2023 (DOG Núm. 94) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.

 

Recomendamos facer o pedido canto antes para evitar problemas de impresión en setembro dado que as editoriais pechan as súas fábricas en agosto.

 

Así mesmo, informarlles de que aquelas familias que teñan dereito ao vale de material escolar ou vale de libros (alumnado de 1º e 2º de primaria) poden pasar a recollelos a partir de mañá en horario de 10 a 13 horas con cita previa. Aqueles que non poidan pasar a recollelos nestas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro.

 

Aproveitamos para desexarlles un bo verán, O Equipo Directivo.