Axudas para a distribución de mascarillas a alumnado (actualizado a 27/11/20)

Axudas mascarillas

Axudas para a distribución de mascarillas a alumnado

 

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Destinatarios

  • Alumnado de Primaria e Secundaria
  • Ser beneficiacio de axuda de material escolar ou Renda per cápita menor ou igual a 6000€
  • ou ter unha discapacidade igual ou maior ao 65%
 

Renda

Datos do 2018 dividido entre membros computables, tendo en conta que:

  • discapacitados de 33% contan por 2
  • en casos de custodia compartida contan os 2 pais como membros da unidade familiar

 

Presentación da solicitude

A presentación da axuda farase nun prazo de 10 días a partir de mañá no centro docente co modelo "Anexo I" dispoñible en sede.xunta.gal (ED330E) 

 

 

NOTA: O que foran beneficiarios durante este curso da axuda de material escolar non necesitan presentar NIN DOCUMENTACIÓN NIN SOLICITUDE.

Máis info no aquí, no DOG.

 

Actualizacións:

  • (27/11/2020) Publicación de listados de provisionais de admitidos (ver axuntos).

 
 
AdxuntoTamaño
Listaxe DEFINITIVA máscaras.pdf426 KB
Listaxe provisional admitidos.pdf459.67 KB