Calendario de Fondo de Libros

Calendario de Fondo de Libros

Tal e como indica a normativa, para dar publicidade ao calendario do proceso, a partir de hoxe os pasos a seguir para o Fondo de Libros será o que segue (sempre que a aplicación informática da Consellería de Educación nolo permita, polo que en tal caso podería haber unha flexibilización nas datas):

1.  O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño. O ideal sería entregalas con tempo suficiente para garantir o proceso de comprobación de datos por parte da aplicación.

2.  Gravación de solicitudes - ata o 23 de xuño.

3.  Publicación da Listaxe provisional - 25 de xuño

4.  Dispoñen de 2 días (ata o 29 de xuño) para presentar reclamacións (por escrito) ou solicitude de enmendas (por sede electrónica).

5.  O 2 de xullo procederase á publicación das listaxes definitivas.

6.  Disporán ata o 7 de xullo para recollida de vales (de Adquisición de material e/ou, de selo caso, merca de libros), sempre con cita previa, para o que poden solicitar Cita Previa na Web do Centro ou na seguinte ligazón:  https://calendly.com/ceippabanqueiro/secretaria 

7.  Todos aqueles vales non recollidos en xullo poderán recollerse a partires do 1 de setembro. Sempre con cita previa.

Cita Previa

Todas as listaxes serán publicadas na web do centro para maior comodidade dos usuarios.

Reciban un cordial saúdo.