ARTS AND CRAFTS FRIDAY 29

Hello again!

Esta semana temos unha actividade moi especial, e é que se trata dun concurso de retratos! A Portrait Contest!

Imos aprender a facer un auto-retrato, así que mirade ben este vídeo-titorial que vos deixo aquí para aprender a facer un retrato sinxelo:

PORTRAIT TUTORIAL

Tedes dúas semanas de prazo para acabar os vosos self-portraits e envialos ao correo de sempre. Despois, as profesoras escolleremos a 3 gañadores/as que recibirán un premio sorpresa. Xa explicaremos máis adiante como recoller o premio. Sabemos que non é fácil debuxar un retrato, por iso deixámosvos dúas semanas, para que practiquedes e o fagades con calma e enviedes o voso mellor debuxo. A paciencia é moi importante na arte!

Good luck and enjoy!

* Nota: se usades acuarela, é millor usar un papel especial para acuarelas, ou cartulina branca. Se non tedes, tentade non empapar moito o pincel para non romper o papel. Pintade co que vos resulte máis cómodo.