Dúbidas do Fondo de Libros

Dúbidas

Dúbidas sobre o Fondo de Libros

Ante as dúbidas subscitadas lembren as seguintes aclaracións:

1. A mesma solicitude é para o Fondo de Libros e as Axudas de Material. 

2. Vai dirixido a alumnado que para o vindeiro curso estará matriculado en Primaria ou ESO. 

3. O alumnado que vai para a ESO debe solicitalo no IES onde sexa admitido. 

4. Para estas axudas terase en conta a situación familiar e económica a 31 de decembro de 2018.

5. Deben revisar que cubren todos os apartados. Deixar en branco minusvalías... entenderase que non a teñen.

6. O prazo remata o 19 de xuño.

7. Este curso subiron as contías das axudas e os límites máximos de renda, polo que poden solicitala máis usuarios.

8. A solicitude pide que se entregue libro de familia pero segundo a LEI 35/2015: se xa o entregaron neste centro "e non houbo variación dende a sua entrega" non é necesario volver a entregalo.

9. A normativa recomenda pola súa saúde que se empreguen os xeitos telemáticos. 

10. Para os que teñan que presentalo en persoa, habilitouse na web do colexio unha sinxela aplicación para solicitar Cita Previa.