¿Tés problemas para enviar vídeos por correo electrónico?

Enviar vídeos por correo electróncio non é tan sinxelo como en principio pensamos.

Todos os clientes de correo (Gmail, Outlook, Yahoo...) teñen limitacións á hora de enviar arquivos axuntos polo que enviar un vídeo de 1 minuto feito cun móvil actual que pode chegar a pesar 100MB non sería posible.

Para isto o que temos que facer é "compartir" ese vídeo unha vez que o temos subido nunha plataforma.

Hai dous xeitos bastante sinxelos (sempre que teñamos boas conexións):

1. A través de Google Drive.

Google Drive é como un "pincho de memoria" que temos en internet. Se temos boa conexión wifi, podemos subir o vídeo a Google Drive e logo mandar polo correo unha ligazón para que o destinatario a descargue.

No seguinte videotitorial podedes ver como subir un arquivo a Google Drive e conseguir a ligazón para compartir. Neste caso envíao por Whatsapp pero podemos facer o mesmo nun correo electrónico.

2. A través de Google Fotos.

Se temos boa conexión wifi, podemos ter configurada unha copia de seguridade automática en "Google Fotos". Iso o que fai é subir todo o que temos no móvil á nosa conta de Gmail de internet e podemos dispoñer delo dende alí (algo similar ao que fixemos con Google Drive, pero faise de maneira automática)

Unha vez que Google Fotos fai a súa copia de seguridade só temos que entrar na aplicación "Fotos", ir ao vídeo que queremos enviar e premer no icono "compartir". Seleccionamos a opición en "enviar por aplicación" o noso correo electróncio e preguntaranos se queremos enviar en "tamaño orixinal" ou como "enlace". Seleccionamos "enlace".

Só nos faltaría poñer a dirección de mail do destinatario e o asunto do correo e premer en enviar.

A continuación póñovos un vídeo explicando como instalar e configurar a copia automática de seguridade de Google Fotos e outro facendo o proceso de compartir o vídeo a través de "Google Fotos":