Os xogos e actividades "Adobe Flash" non funcionan no móvil ou na tablet

Puffin Browser

Algunhas das actividades que hai por internet están feitas con Adobe Flash, unha linguaxe que xa non soportan os dispositivos Android, polo que as tablet e os móviles xa non poden amosar este tipo de contidos aínda que descarguemos o complemento que se nos pide.

Afortunadamente, na actualidade, existen navegadores para Android que soportan os xogos, actividades e páxinas web feitos con Adobe Flash. Este é o caso do Navegador Web Puffin.

Se queren ver este tipo de contidos (FLASH) dende o móvil ou a tablet deben descargar este navegador (substituto de Chrome, Firefox...) e acceder ás actividades dende este navegador.

Descargue Puffin dende o Play Store.

Descargue Puffin para outro tipo de plataformas.

Pufin está dispoñible en 2 versións: Free (totalmente gratuíta, con publicidade) e a Pro (de pago, sen publicidade)