¿Como facer que os arquivos ocupen menos e consuman menos datos?

Ás veces, cando enviamos arquivos por correo electrónico, os arquivos son pesados e ocupan moito polo que é complicado envialos ou recibilos.

Vouvos a deixar dous xeitos de comprimir arquivos para cando tedes que enviar un PDF ou se tedes que enviar unha fotografía.

COMPRIMIR UN PDF

Existen varia ferramentas. A que vou vou a deixar aquí é unha ferramenta "online" de ILovePDF - Compress.

Só tedes que ir á páxina (por exemplo, premendo na ligazón) e seguir os pasos indicados:

  1. Subir o arquivo.
  2. Seleccionar o tipo de compresión.
  3. Premer no botón comprimir. Pode chegar a reducirse o tamaño do arquivo á metade ou máis e seguir sendo lexible.

COMPRIMIR FOTOGRAFÍAS DO MÓVIL

As fotografías do móvil sácanse coa máxima calidade posible que normalmente é demasiado para enviar un arquivo cos exercicios para que corrixamos.

Recomendo a instalación de Tamaño de Foto de Codenia. Unha sinxela aplicación para sacar fotos ou comprimilas para que ocupen menos espacio. Veranse peor pero o suficientemente ben como para envialas, lelas e corrixilas. O tamaño pode reducirse á décima parte.

  1. Entre no PlayStore.
  2. Busque a palabra "codenia". A primeira opción será o programa "Tamaña de Foto". Instálea.
  3. Cando a abra pediralle permisos para acceder a fotos, cámara...
  4. Seleccionar o tamaño. Nas raiñas que aparecen xusto enrriba dos cadros brancos con cantidades. 1080x1920 é un bo tamaño.
  5. Premer no botón sacar foto. Verá que se a foto de xeito habitual ocupaba 6 MB agora só ocupa 600KB (a décema parte). Vese peor pero o suficientemente ben.
  6. Agora xa pode enviar as fotografías moito máis comodamente.