Blogues

O Apalpador

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria interpretan "O Apalpador".

REINDEER HOCKEY POCKEY

Os alumnos e alumnas de Infantil bailan "Reindeer Hockey Pockey"

STORYTELLING: "THE ROOM ON THE BROOM"

A nosa auxiliar de conversa, Maggie, contoulles o conto "The Room on the Broom" aos máis pequenos do cole.

Que atentos estaban todos!!!!

O SAMAÍN EN ABANQUEIRO

O pasado martes día 31 de outubro celebramos en Abanqueiro o Samaín - Halloween. Houbo acendido de cabazas, conxuro para espantar as meigas e visionado de curtas.

Pasamos un día TERRORÍFICOOOO!!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

GHOST FEET

Comezan os preparativos para a celebración do Samaín e Halloween en Abanqueiro.

Esta semana en Arts and Crafts, os alumnos e alumnas de 1º, 3º, 5º e 6º curso estamparon os seus pés para logo convertilos en terroríficas pantasmas. Contamos coa axuda de Maggie, a nosa auxiliar de conversa.

Deixámosvos un pequeno recopilatorio de imaxes co proceso e o resultado final. Esperamos que vos gusten.

TEATRO MUSICADO: "O CAMIÑO DOS PAXAROS"

O pasado venres 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º curso do CEIP Plurilingüe Abanqueiro desprazáronse á Casa de Cultura de Boiro para asistir á obra de teatro musicada "O camiño dos paxaros". Este é un pequeno resumo.

Resumo actividades 1º trimestre

Distribuir contido