Blogues

ESCAPE ROOM

A profe de inglés Arancha pedíulle á súa amiga Beatriz Vila, experta en actividades de Escape Room, que viñera ao noso centro a poñer en práctica unha das súas actividades. Os elexidos para atopar o antídoto e salvar o mundo foron os alumnos de 2º de Primaria.

Deixámosvos un resumo do desenvolvemento da actividade na que os nenos e nenas disfrutaron moito.

Moitas grazas Bea polo teu tempo!

CASTROS DE NEIXÓN

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria visitaron os Castros de Neixón e este foi o resultado: 

ILLAS CÍES

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou as Illas Cíes e aínda que o tempo non acompañou pasárono moi ben.

XOGADE EN CABO DE CRUZ

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participou na actividade XOGADE, na que se xuntaban con outros centros da zona e realizaban actividades deportivas. Aquí tedes tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo a Cabo de Cruz.

VISITA POLA VILA DE NOIA

     Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos una saída  relixioso-cultural pola vila de Noia,que celebraba o 850 aniversario da súa fundación e como Portus Apostoli.

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 23 de xuño, o alumnado do noso centro de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º participou, xunto co alumnado dos demais centros do Concello de Boiro, no campo a través organizado polo mesmo. Aquí tedes unha pequena mostra.

LETRAS GALEGAS 2018

Celebramos as Letras Galegas cunha pequena Romaría na que contamos coa colaboración da Asociación Amicos. O alumnado puido disfrutar de talleres, xogos e dun pequeno xantar no que colaboraron as familias.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O SON DO AR

Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - HIMNO GALEGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - DANZA DE PAOS

Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O PRIMEIRO VALSE

Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse".


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - A PRINCESA DO CAUREL

O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel".

EDUCACIÓN VIAL

O venres, o noso alumnado recorreu nas bicis as rúas de Boiro, xunto con outro alumnado do Concello.

MR UPSIDE-DOWN

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria cantan " Mr Upside-Down", así repasamos diversas accións e as horas.

ANIMAL FUN

O alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria cantan "Animal Fun", así aprendemos os distintos nomes de animais en inglés.

Distribuir contido