blogue defran.alonso

Teatro no Concello de Boiro

Teatro no Concello de Boiro

 

 A parábola do angazo de Talía teatro  venres  29 de abril ás 21.00 h na Casa de Cultura destinada a público xuvenil e adulto.

 

4ª Xornada de Espazo Familias

4ª Xornada de Espazo Familias

 

O vindeiro 27 de abril desenvolverase a 4º Xornada formativa de EspazoFamiliaS 2022. Poden facer a reserva en espazofamilias.org/reserva

 

Actuación de 2º de Primaria

ACTUACIÓN DE 2º DE PRIMARIA

 

O xogo do Hula-Hoop

O xogo do Hula-Hoop

 

O alumnado do noso centro mostra como se xoga ao Hula-Hoop!

 

Programación teatral desta semana

Programación teatral desta semana

 

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

 Reservas en espazofamilias.org

 

Fin de semama cultural e deportivo

FIN DE SEMANA CULTURAL E DEPORTIVO

 

Este fin de semana poderemos desfrutar tanto do teatro como do fito histórico do clube de voleibol de Boiro coa súa primeira PlayOff na máis alta categoría. Axuntamos información dos eventos.

Tamén teñen á súa disposición a exposición itinerante "A Casa de Rosalía" na Praza do Emigrante de Pobra do Caramiñal.

Áreas de influencia educativa (zonas educativas) dos centros de Boiro

ÁREAS DE INFLUENCIA EDUCATIVA DOS CENTROS DE BOIRO

Zonificación aprobada (2022)

Mapa non oficial orientativo

 

 

Con este mapa pode buscar a zona na que reside/traballa e comprobar a zona educativa á que pertence.

 

Programación de teatro de marzono concello

Programación de teatro de marzono concello

 

 

Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína

Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína

 

 

Cáritas Boiro ven de organizar un traslado de material humanitario para os refuxiados da guerra en Ucraína. O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro súmase, como outras entidades locais de Boiro, como punto de recollida de material humanitario.

Xornadas formativas de EspazoFamiliaS

XORNADAS FORMATIVAS DE ESPAZOFAMILIAS

 

 

Este mes de febreiro, e ata o mes de maio, celébranse en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saúdable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación ( TRIC).

Esquela polo pasamento da Ceboliña

 

 

 

 

 

        

 

Falecemento no día de onte, aos moitísimos anos de idade e sendo confortado coas celebracións pertinentes, de

Dona Ceboliña

  

 

R.I.P.

 

 

O seu esposo: Don Ceboliño; Os seus familiares máis achegados: as nenas, os nenos, as mestras, os mestres, a conserxe e o persoeiro de limpeza; Rogamos a todo o mundo apoien nas oracións non só a alma do nosa querida Ceboliña se non tamén á súa familia nestes momentos de tanta amargura rogando que leve con el toda a COVID-19 e toda a guerra do mundo para o outro mundo e pronto volva xa san connosco para celebrar un novo Entroido.

O cortexo fúnebre sairá na máis estrita intimidade dende o pasillo inferior ate o lugar da sepultura. Os familiares máis achegados agradecen a intimidade da cerimonia.

¡Viva a Ceboliña!

¡Viva o Entroido!

 

¡Descanse en Paz!

 

 

      

O noso sentido pésame

 

O CEIP PLURILINGÜE DE ABANQUEIRO amosa o seu sentido pesar polo pasamento de Cocó. Figura coñecida e implicada na nosa parroquia e colaborador en diferentes actividades do noso centro; axudando a que os pequenos e pequenas fosen un pouco máis felices.

¡Adeus amigo!

 

Programación de actividades do Entroido en Boiro

Programación de actividades do Entroido en Boiro

 Axúntase a programación das actividade do Entroido no noso concello.

Foliada de Muros

FOLIADA DE MUROS

 

O alumado de 5º de Primaria gravou a Foliada de Muros para os nosos compañeiros do proxecto eTwinning.

 

 

Distribuir contido