blogue defran.alonso |
Hoxe, como todos os mércores deste curso, desenvolveuse unha parte da actividade que bautizamos como "Recreos deportivos"; onde diferentes clubes deportivos do concello traballarán co noso alumnado. Xa pasou por onda nós o Clube de Baloncesto (que ademais a partir deste curso realizará parte da súa actividade nas instalacións do noso centro) e as fotos de hoxe corresponden á actividade do Clube de Voleibol. Agradecemos moitísimo estas colaboracións que nos brindan os clubes do concello.
"Mens sana in corpore sano" |
|||
Empezan os entrenos na categoría Biberón (nados en 2017-2018)
|
|||
Como nestes últimos anos, no Concello de Boiro, disporemos dun túnel do Terror.
|
|||
|
|||
Axunto o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro. |
|||
|
|||
Dende a Biblioteca Pública Municipal de Boiro comunícase que este vindeiro sábado, día 1 de outubro, ás 11:00 h realizarase un Obradoiro Creativo destinado ás nosas crianza, máis concretamente a partir de 7 anos. Poderán experimentar cómo é o proceso na creación dun libro ilustrado así como a elaboración do seu propio libro.
O aforo é limitado polo tanto é necesario inscrición prevía. Esta actividade é gratuíta e esta englobada no programa "Ler conta Moito" tratando de de fomentar a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
|
|||
Novo programa que vai implementar a concellería de igualdade do Concello de Boiro "Miscelánea en movemento", un proxecto piloto que propón actividades en movemento para persoas adultas simultáneamente con actividades específicas de igualdade para crianzas.
|
|||
Actividades Extraescolares da ANPA
Axúntase a folla de inscrición ás actividades extraescolares da ANPA. Esta folla será enviada a través das mochilas.
NOTA: Lembren que os martes NON hai profesorado de garda e polo tanto non hai servizo de garda e custodia. O alumnado de comedor debe ser recollido á 4 da tarde. A entrega dos nenos/as para cada unha das actividades do martes será directamente no pavillón.
|
|||
Nós tamén creamos!
O alumnado de Educación Infantil vén de realizar este curso unha curta baseada no conto de OQO "O sultán e os ratos" que agardamos que vos guste. |
|||
|
|||
Os nosos agradecementos á ANPA Napabán, que sempre está pensando no centro, pola súa doación de material educativo de Educación Infantil; sempre necesario e que acabará mellorando a formación dos máis pequenos. Moitas grazas!
|
|||
Para todos aqueles que queiran inscribirse na excursión de CIES, deben falar directamente coa ANPA ou entregar a ficha de inscrición axunta o máis pronto posible. |
|||
|
|||
Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022
O noso centro vén de recibir hoxe o premio "Accésit" do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 pola nosa "Escultura Narrativa" que, a parte de orzamento extra para desenvolver actividades no Ciclo de Educación Infantil, nos trouxo a visita da Directora Xeral de Emprego (Margaria Ardao) e unha Obra de Teatro para os máis pequenos. Moitísimas grazas ao profesorado activo e implicado do Equipo de Infantil e ao alumnado participante por facernos desfrutar dunha xornada como a de hoxe.
|
|||||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »