Inglés

AUTUMN IN BOIRO

O alumnado de 6º de primaria estivo preparando fotos do outono en Boiro para presentar no proxecto eTwinning deste ano, dado que é unha das actividades propostas para este mes de novembro.

Gustaríame compartir con todos vós estas preciosas fotos:

LOGO LINGOTURE

Estos foron os logos deseñados polo alumnado de 6º para o proxecto LINGOTURE de eTwinning:

Este foi deseñado por Brais.

 

Este foi deseñado por Nerea e foi o gañador da clase que competirá cos logos dos demais centros europeos que participan no proxecto.

EUROPEAN DAY OF LANGUAGES

O día 26 de setembro conmemorouse o Día Europeo das Linguas e o alumnado de 6º gravou este pequeno vídeo para o proxecto LINGOTURE de eTwinning.

CHATTERPIX ACTIVITY LINGOTURE eTWINNING PROJECT

Aquí vos deixo unha das actividades que fixo o alumnado de 6º coa app Chatterpix e Avatar Maker para o proxecto LINGOTURE de eTwinning.

NOVOS PROXECTOS eTWINNING

Este curso participaremos en 2 proxectos eTwinning:

SELO DE CALIDADE NACIONAL ETWINNING

eBOOK OU AUDIO-LIBRO PARA O PROXECTO eTWINNING: OUR WORLD, MY WORLD

Aquí vos amosamos o audio-libro que estivemos a gravar esta semana con nenos e nenas de 1º a 6º de primaria.

Este ebook é unha das actividades propostas no proxecto eTwinning no que participamos este curso e que compartiremos con alumnos de centros doutros países de Europa.

MARKET COLLECTION

Unha vez rematada a unidade Collections co alumnado de 5º de primaria, trasladouse a unha situación real de aprendizaxe simulando estar nun mercado.

Mentres uns fixeron de tendeiros os outros facían de clientes e logo intercambiaron os papeis. Empregamos para isto unha réplica das libras, moeda oficial no Reino Unido.


St VALENTINE'S DAY

Con motivo da conmemoración de San Valentín, durante a pasada semana levamos a cabo algunha actividade interesante no centro:

Na área de Plástica: o alumnado de primaria decorou unhas bolsiñas de papel que logo enchemos de dulces e intercambiaron cos seus amigos.

Dende a Biblioteca: todo o alumnado que quixo participar deixou unha mensaxe de afecto a algún compañeiro do cole. O venres despois do recreo abriuse a caixa das mensaxes e repartíronse entre os nenos e nenas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

MURAL COLABORATIVO eTwinning Project: OUR WORLD, MY WORLD

Este ano estamos traballando duro no noso proyecto eTwinning: Our World, My World. Despois de escoller o logo agora fixemos un mural colaborativo onde participou todo o alumnado do centro.

As alumnas e alumnos de infantil fixeron o mar e as nubes empregando para iso distintas técnicas e materiais.

As alumnas e alumnos de 1º, 2º e 5º de primaria adicáronse á sección das plantas.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria deron forma aos animais.

As alumnas e alumnos de 6º elaboraron a parte dos humáns.

EXPLORERS 3º

Nesta unidade convertímonos en exploradores para traballar o vocabulario relacionado co campo e empregar o verbo "TO HAVE GOT" (TER) para construir frases.

SELO DE CALIDADE EUROPEO

Despois de recibir o selo nacional polo proxecto eTwinning "Show Your Love" levado a cabo o pasado curso co alumnado de 6º de educación primaria, gustaríanos compartir con todos vós a nova de que tamén fomos premiados co selo de calidade europeo.

Podedes consultar máis información na páxina web oficial de eTwinning:

Selos de Calidade Europeos 2019

REALIDADE AUMENTADA EN HALLOWEEN

Unha das actividades levadas a cabo co motivo da conmemoración de Halloween na área de inglés, foi que o alumnado de 1º de primaria puido comprobar como as cabazas decoradas por eles cobraban vida e bailaban ao son da música.

 

LOGO OUR WORLD, MY WORLD

Xa comenzamos a traballar no novo proxecto eTwinning "Our World, My World" e a primeira actividade planificada foi deseñar un logo que represente o proxecto.

Neste caso foron os alumnos de 5º de primaria os encargados de deseñar dito logo. Para esta tarefa tiveron total liberdade en canto ao agrupamento, algúns decidiron facelo en parellas e outros de forma individual. Empregaron os Ipads e a aplicación Poster my wall e deseñaron en total 4 logos diferentes.

Ao longo desta semana o resto de alumnado do centro procedeu á votación do logo para escoller o que nos representará no proxecto eTwinning. E este foi o logo seleccionado:

PUBLICACIÓN NOS MEDIOS DO SELO DE CALIDADE

Entrevista en Radio Arosa o día 30/08/19 con motivo do selo de calidade recibido polo Proxecto eTwinning “Show your love”.

https://drive.google.com/file/d/1oi76CwvVSKND3iIV5NqL_xmmMDGJgdn5/view?usp=drivesdk

Publicación da nova na Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2019/08/30/colegio-abanqueiro-recibio-sello-distintivo-internacional/00031567184760194935473.htm

Distribuir contido