blogue defran.alonso

Atención en tempada estival

Atención en tempada estival

Para calquera cuestión

será atendido en:

 

 

Mail:  ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal

Telegram:  @ceipabanqueiro

Teléfono:  881866535 (agarden todos os tonos)

 

Ata o 7 de xullo, haberá servizo habitual de secretaría baixo Cita Previa. Poden solicitala aquí ou no lateral esquerdo desta web.

De non haber horario dispoñible, e de ser urxente a situación, poderá contactar conosco a través dos medios arriba indicados; preferentemente por medios escritos, tanto mail como Telegram.

 

¡A repoñer pilas para o vindeiro curso!

 

Aberto o prazo para o Bono Concilia

Aberto o prazo para o Bono Concilia

 

Teñen toda a información na páxina da Xunta de Galicia:

Web Política Social da Xunta

Sede Electrónica (Procedemento BS412A)

DOG 126 do 4/7/2023

Nós tamén creamos!

O alumnado de Educación Infantil volveu participar nunha producción audiovisual adaptando o conto O Cascabel e o Gato da Editorial OQO.

 

 

Listaxe de paradas do transporte escolar do CEIPP de Abanqueiro

Novas e actualidade de Boiro

Hai unha estrela que se chama como o noso cole.

¿Coñeces a estrela "CEIP de Abanqueiro. Boiro"?

 

 

Dende o pasado 22 de maio no ceo nocturno pódese atopar unha estrela co nome do noso centro: "CEIP de Abanqueiro. Boiro". Tamén coñecida como Beta Centauri A, está a uns 390 anos luz e atópase no sistema Beta Centauri (tamén Hadar ou Agena) e é unha estrela xigante azul e unha das máis brillantes do firmamento (porque en realidade, a parte de ser unha estrela moi brillante, vense as tres estrelas do sitema de Beta Centauri superpostas, na fotografía de arriba tedes unha mostra da superposición). Por lástima, esta estrela só é visible dende o hemisferio Sur, polo que non podemos vela dende Boiro.

É unha das estrelas clave para poder localizar a Estrela Polar no Hemisferio Sur.

Ensinarte Boiro 2023

Este sábado día 20 a rúa peonil de Boiro tinguirase da arte do alumnado dos centros educativos de Boiro. Non o perdades!

Romaría das Letras Galegas do Concello de Boiro

Comezan as inscripcións dos cursos de vela

Comezan as inscipcións nos cursos de vela de fin de semana de xuño no Clube Náutico. Non perdades a oportunidade.

Sorteo do Ouro da Cruz Vermella

Como en anos anteriores colaborarmos coa Cruz Vermella na distribución, para todos aqueles que o queiran, dos boletos do Sorteo do Ouro.

Todos aqueles que queiran boletos que o notifiquen ao centro ou o indiquen na seguinte listaxe e leven os 5€.

Listaxe de Reserva

Andaina para a visibilidade do autismo

IV Xornadas de EspazoFamiliaS

Prezadas familias,

Chegan un ano máis as xornadas de EspazoFamilias organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título: A Mellora da Comunicación Familiar.

 

O vindeiro mércores será o 3º taller

Lembren que non é necesario facer reserva e que hai talleres simultáneos para adultos, adolescentes e nenos.

Ler máis

Teatro en Boiro

Versión de Carrusel de Cuarto de Primaria

 

Aquí vos deixamos a versión da Carrusel de Cuarto de Primaira. Agardamos que vos guste:

 

Versión de Funky Staff de Segundo de Primaria

Aquí vos deixamos unha sorpresa que fixeron os nenos de segundo acompañada do "Mono Maraqueiro".

Unha versión de Funky Staff.

 

Distribuir contido